O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega sobrepasa as 5.000 imaxes
O grupo grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega conta xa con máis de 5.000 imaxes e máis de 550 usuarios que aportan as súas fotos . As fotografías achegadas polos 550 usuarios que xa se adheriron ó portal de internet fan un repaso ás nosas construcións máis tradicionais ( airas, alpendres, alvarizas, batáns, lavadoiros, muíños, cruceiros, etc.) ó tempo que ofrecen un amplo arquivo fotográfico con imaxes dos puntos máis dispersos da nosa xeografía. A iniciativa está aberta á participación de todas as persoas que o desexen. Ademais do interese de poñer en valor o patrimonio tradicional do país, tamén denuncia o abandono e despoboamento do noso rural (mais tamén fai aportacións positivas como é difundir con bos exemplos do que deben de ser, por exemplo, as rehabilitacións de casas, hórreos, airas, etc.). O ligazón é: http://www.flickr.com/groups/arquitecturatradicionalgalega/