Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2011

Máis de 200 atletas de tódalas idades participaron na Segunda Carreira Popular Torre do Castro

Imaxe
O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado martes 17 de maio de 2011 en Sandiás, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías: a carreira escolar dos rapaces/as (2.000 m ), a carreira dos ¨Pitufos¨ de 350 m , e a carreira absoluta (7.900 m) que contou cun total de 106 participantes.

O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de 0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez (Oure…

II Carreira Popular Torre do Castro (17 de maio de 2011)

Estamos a traballar na organización da que será a II CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO, que xunto con LIMIACTIVA e o Concello de Sandiás celebraremos o vindeiro martes día 17 de maio.

Recibiránse inscricións a partir do 2 de maio ata o 13 de maio ás 20:00 H.

Por e-mail: limiactiva@gmail.com

Na web: www.limiactiva.com
Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás)
Na Casa do Concello de Sandiás.

Nas tendas Turini Sport da Avda. da Habana nº 34 e na Rúa Sto. Domingo, 62 (C. C. Xesta) de Ourense.

As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:
Facendo un ingreso ou transferencia na conta de NovaCaixaGalica
2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA)
Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.

Pago o contado no Concello de Sandías ou nas tendas Turini Sport para as inscricións …