Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Novas fotos do concello de Sandiás

Novas fotos do concello de Sandiás no seguinte ligazón: https://www.flickr.com/photos/limiao/

PRESENTACIÓN DA VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DA TORRE DO CASTRO DE SANDIÁS

Imaxe
PRESENTACIÓN DA VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DA TORRE DO CASTRO DE SANDIÁS Por sexto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a Asociación Deportiva Limiactiva apostan por promover a práctica deportiva coa celebración, o vindeiro domingo 31 de maio de 2015, dunha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro. Como xa é tradicional nesta proba, celebraranse 5 carreiras por categorías. Destacando a novidade introducida o ano pasado, a obriga de que na composición dos equipo s de 4 atletas conten con alomenos unha muller entre os seus compoñentes. A torre do Castro e o San Bieito da Uceira voltaran ser testemuñas do estado de forma dos intrépidos atletas que se atrevan a desafiar as duras rampas, os xa famosos dous quilometros da dura subida, que levan ata a capela do santo. Tanto o Concello de Sandiás, como a Asociación Deportiva Limiactiva, agradecen a importante colaboración da Deputación de Ourense, así como de todas as empresas e veciños voluntarios, que fan p

Os Exemplos á Virxe na parroquia de Santo Estevo de Sandiás

Os Exemplos na honra da Virxe María era unha tradición na parroquia de Sandiás que se realizaba no último domingo do mes de maio, coincidindo coa celebración da festa das Fillas de María. Nese día, un grupo de cinco ou seis nenas de curta idade recitábanlle uns versos á virxe diante do cruceiro da igrexa. A principal animadora desta celebración era dona Irene Rodríguez Durán, mestra de Sandiás durante moitos anos. Ela era a que facía os versos e preparaba as nenas, como foi o caso de Modesta Blanco, veciña de Sandiás,  para que o aprenderan de memoria. Moitos anos despois aínda se lembra da letra dos Exemplos do ano 1946, tal e como se demostra nos versos que aparecen na parte dabaixo. Miña naiciña, esta noite que pasou se viras o que soñei! que no ceo me atopaba sen saber como cheguei E si viras que alegría o meu corazón me daba ver como os ánxeles todos cousiñas me regalaban, muñequitas que falaban do gusto máis exquisito. E todo o que alí había estaba ta

¨Os exércitos encantados do rei Artús¨ (2)

“… e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube inmensa de zoadores cínifes que mortifican de día e de noite, e non cabe existan en ningunha parte tantos nin tan carraxentos e sañudos.  Á antiga superstición pagá sobre o eterno e universal esquecemento que producía o beber ou atravesar as augas do Leteo, o vulgo sempre crédulo e amigo do marabilloso, substituíu outra nos tempos cabaleirescos que aínda duraba ós principios do século XVI, de ser estes alados e armados insectos os exércitos encantados do rei Artús,  transformacións das que  falaron tanto os romances nacionais e extranxeiros”.      Memoria sobre el desagüe de la laguna Antela o de la Limia (1834 ) Juan Manuel Bedoya Tradución do orixinal en castelán

¨Os exércitos encantados do rei Artús¨ (1)

“ E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta  do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós,  e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”. “Origen, fundación y primeros tiempos  del Buen Jesús de Trandeiras” Boletín de la comisión de monumentos de Orense XI (1936-1939) Manuscrito orixinal do s. XVI. Transcrición de Antonio Cruceiro Freijomil Tradución do orixinal en castelán  

¨Antioquia¨ (1)

“ Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha  soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo,  figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”.                El río Limia y sus contornos (1879) Benito Fernández Alonso Tradución do orixinal en castelán