Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

#Memoriarural 1981: Adhesivo con guerreiro celta ou galaico (estilo claramente Ibañez!) das primeiras eleccións ó Parlamento Galego

Imaxe
#Memoriarural 1981: Adhesivo con guerreiro celta ou galaico (estilo claramente Ibañez!) das primeiras eleccións ó Parlamento Galego (20 de outubro de 1981) #guerreirogalaico

#Memoriarural 1979: Os concelleiros de Sandiás renunciaban as súas retribucións ata que as arcas estiveran abastecidas

Imaxe
#Memoriarural 1979: Os concelleiros de Sandiás renunciaban as súas retribucións ata que as arcas estiveran abastecidas (La Región, 2 de decembro de 1979)

#Memoriarural 1981: Xigantesco xacemento de lignitos na Limia. Sorpresa xeral entre os alcaldes da Limia

Imaxe
#Memoriarural 1981: Xigantesco xacemento de lignitos na Limia. Sorpresa xeral entre os alcaldes da Limia (La Región, 11 de novembro de 1981)

#Memoriarural 1981: Xigantesco xacemento de lignitos na Limia

Imaxe
#Memoriarural 1981: Xigantesco xacemento de lignitos na Limia (La Región, 11 de novembro de 1981).

#Memoriarural 1981: Sondaxes para a investigación de lignitos pardos na zona da lagoa de Antela

Imaxe

#Memoriarual 1998: Finalizaba a mellora dos accesos á ermida do san Bieito da Uceira co asfaltado da pista

Imaxe
#Memoriarual 1998: Finalizaba a mellora dos accesos á ermida do san Bieito da Uceira co asfaltado da pista (La Voz de Galicia, 25 de marzo de 1998).

#Memoriarural 2006: Veciños de Sandiás na homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006). Descubrimento da Placa na Praza co seu nome como homenaxe a unha vida dedicada á educación.

Imaxe
#Memoriarural 2006: Veciños de Sandiás na homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006). Descubrimento da Placa na Praza co seu nome como homenaxe a unha vida dedicada á educación.  Naceu en Couso de Limia (Sandiás - Ourense) en 1906, falecendo en Gondulfes (Castrelo do Val) logo de cumprir os 106 anos. Cursou estudios no Instituto de Ourense, despois da convalidación na Normal accedeu ó Maxisterio en 1926 (ou 1928), sendo unha das poucas mulleres que naqueles anos estudaban unha carreira. Exerceu un ano de practicas en Sanguiñedo (Baños de Molgas- Ourense), sendo o seu primeiro destino Vilariño de Conso (Ourense). Logrou por oposición a praza de mestra en Gondulfes (Castrelo do Val - Ourense), despois acadaría a definitiva en Sandiás por permuta ca súa nai, mestra de Couso e Sandiás. Sendo alí onde foi mestra durante moitos anos, ata a concentración escolar en Xinzo de Limia, onde se xubilou. A maioría dos veciños/as (sobre todo veciñas) da parroq…

#Memoriarural 2005: Visita ás obras realizadas polo Obradoiro de Emprego ¨Camiño de Santiago¨ da Conselleira de Asuntos Sociais, Belen Prado, e o Presidente da Deputación de Ourense, X.L. Baltar, acompañados pola alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez

Imaxe
#Memoriarural 2005: Visita ás obras realizadas polo Obradoiro de Emprego ¨Camiño de Santiago¨ da Conselleira de Asuntos Sociais, Belen Prado,  e o Presidente da Deputación de Ourense, X.L. Baltar, acompañados pola alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez (Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, 13 de xaneiro de 2005).

#Memoriarural 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo de #Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego do Concello de Sandiás (Maio 2004).

Imaxe
#Memoriarural 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo de #Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego do Concello de Sandiás (Maio 2004). Outra das fotos entregadas para a exposición dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.

#Memoriarural 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo de #Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego do Concello de Sandiás (Maio 2004)

Imaxe
#Memoriarural 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo de #Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego do Concello de Sandiás (Maio 2004). Outra das fotos entregadas para a exposición dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.

#Memoriarural 2000: A contorna da igrexa e a reitoral de santo Estevo de Sandiás antes das obras de rehabilitación realizadas polo Obradoiro de Emprego do ano 2004

Imaxe
#Memoriarural 2000: A contorna da igrexa e a reitoral de santo Estevo de Sandiás antes das obras de rehabilitación realizadas polo Obradoiro de Emprego do ano 2004.Outra das fotos entregadas para a exposición dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)

Imaxe
#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas), baixo o slogan ¨Artellar Galicia¨.  Na foto da primeira páxina, podemos observar na mesa constituinte,  á alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez, na parte da esquerda da foto, e a alcaldesa de Cualedro, Marina Cuquejo, na parte dereita da foto.