Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

#Memoriarural 2004: En outubro de 2004, os sucesivos ataques dos vándalos acaban por destrozar os caros sistemas de iluminación artística das torres do Castro (#Sandiás) e da Forxa (#Porqueira), instalados no ano 1998.

Imaxe
#Memoriarural 2004: En outubro de 2004 (artigo na Rexión do 7 de outubro de 2004), os sucesivos ataques dos vándalos acaban por destrozar os caros sistemas de iluminación artística das torres do Castro ( #Sandiás ) e da Forxa ( #Porqueira ), instalados no ano 1998.

#Memoriarural 1995: Cultura escoitou as peticións dos veciños e da alcaldesa de #Sandiás para que os 3 #miliarios de Vilariño das Poldras, atopados nese mesmo ano, quedasen onde se atoparon, é dicir, a poucos metros da #VíaNova

Imaxe
#memoriarural  1995: En xullo de 1995, Cultura escoitou as peticións dos veciños e da alcaldesa de  #Sandiás   para que os 3  #miliarios  de Vilariño das Poldras, atopados nese mesmo ano, quedasen onde se atoparon, é dicir, a poucos metros da  #VíaNova .

#Memoriarural 2001: Cultura financiou as obras de restauración do retablo de #santoEstevo de #Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  2001: En xullo de 2001, Cultura financiou as obras de restauración do retablo de  # santoEstevo  de  # Sandiás , retablo do século XVII do escultor # FranciscodeMoure , un dos mellores escultores galegos dese século.

#Memoriarural 2002: A restauración do retablo de #santoEstevo de #Sandiás destapaba un chamativo colorido dourado, debaixo de dúas capas de pinturas. Así como, a súa data de remate, 1607.

Imaxe
#Me moriarural  2002:  Artigo de 2 de xaneiro de 2002, no que se informa de que a restauración do retablo de  # santoEstevo  de # Sandiás  destapaba un chamativo colorido dourado, debaixo de dúas capas de pinturas. Así como descubría a súa data de remate, 1607. O retablo de Sandiás é unha das primeiras obras do escultor  # FranciscodeMoure .

Declaración institucional da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) co gallo do 8 de marzo ¨Día Internacional da Muller¨: homenaxe ás alcaldesas do 79

Imaxe
Declaración institucional da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) co gallo do 8 de marzo ¨Día Internacional da Muller¨:  ¨Recoñecémo-la valentía das 103 Alcaldesas do 79 (7 delas en Galicia, 6 en Ourense (Cualedro, Petín, Ramirás, Sandiás , San Cibrao das Viñas e Verín), que abriron o camiño do cambio e que contribuíron a crear referentes para tódalas mulleres que hoxe asumen postos de decisión nos Concellos¨ # 40AñosdeDemocraciaLocal http://www.femp.es/comunicacion/noticias/la-femp-homenajea-el-8-de-marzo-las-primeras-alcaldesas-de-la-democracia ¨ El libro de los Ayuntamientos¨(UCD, 1979), entregouselle a tódolos candidatos da UCD que se presentaron ás eleccións  democráticas municipais do 3 de abril de 1979. Este libro pertenceu á alcaldesa de Sandiás, elexida coma alcaldesa despois das eleccións do 3 de abril de 1979 (Doazón da exalcadesa á Biblioteca da Deputación de Ourense).