Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

A Vía Nova ou Vía XVIII: a calzada do ouro

Imaxe
Mapa da distribución das explotacións auríferas do Noroeste en relación ás vías romanas. En amarelo, a Vía Nova ou Vía XVIII (Mapa do CSIC)
A Vía Nova ou Vïa XVIIII atravesaba en diagonal, do sudoeste ó noreste, a actual provincia de Ourense, cun total dunhas 210 millas romanas (uns 330 km). A principal característica da Vía Nova ou Vía XVIII, calzada de Bracara a Asturica, é a súa relación coas numerosas minas de ouro. Por exemplo: As Médulas (León), Os Milagres de Monte Medo (Baños de Molgas - Maceda), Os Biocos (San Xoán de Río), as dúas últimas en Ourense.
Para saber máis, visita a web do CSIC: http://www.csic.es/web/guest/humanidades-y-ciencias-sociales;jsessionid=5546E28D616822FF3D9C325D45CDAFD1?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-3&p_p_col_pos=2&p_p_col_count=3&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&_contentviewerservic…

#Memoriarural 1995: atópanse os tres miliarios de Vilariño das Poldras

Imaxe
Os tres miliarios de Vilariño das Poldras no espazo habilitado polo Concello de Sandiás
No ano 1995 atopáronse en Vilariño das Poldras (Sandiás - Ourense) 3 miliarios soterrados ó carón da traza da Vía Nova ou Vïa XVIII (Calzada de Bracara a Asturica). Un deles, un dos de maior tamaño da Vía Nova, dedicado ó emperador Máximino e o seu fillo Máximo (Milla LXVII). Nese mesmo ano o Concello de Sandiás conqueriu que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo para ser contemplados polos veciños e por tódolos visitantes.