#Memoriarural 1995: atópanse os tres miliarios de Vilariño das Poldras
Os tres miliarios de Vilariño das Poldras no espazo habilitado polo Concello de Sandiás
No ano 1995 atopáronse en Vilariño das Poldras (Sandiás - Ourense) 3 miliarios soterrados ó carón da traza da Vía Nova ou Vïa XVIII (Calzada de Bracara a Asturica). Un deles, un dos de maior tamaño da Vía Nova, dedicado ó emperador Máximino e o seu fillo Máximo (Milla LXVII). Nese mesmo ano o Concello de Sandiás conqueriu que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo para ser contemplados polos veciños e por tódolos visitantes.
Comentarios
Publicar un comentario