Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2011

Historia de Sandiás (Do século X ó ano 1480)

• S. X – Os condes da Limia son personaxes de importancia na Corte dos reis pola significación militar e política do territorio.
• S. XII – Loitas pola posesión do condado da Limia entre Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. Posible construcción do castelo de Sandiás sobre o antigo castro nunha situación estratéxica que permite un control total do territorio.
• S. XII-XIII – Apoxeo das peregrinacións a Santiago, Sandiás é atravesada pola Vía da Prata, paso obrigado dos peregrinos do norte de Portugal e do sur de España.
• S. XII-XIII – Construcción da igrexa de Santa María de Couso de Limia de estilo románico con posteriores reformas (s. XVII).
• 1348 – O castelo de Sandiás é propiedade do maior Fernández de Biedma.
• 1386 – Acometida do duque de Lancaster, pretendente á Coroa de Castela. O castelo de Sandiás é tomado e arrasado.
• 1441 – O castelo de Sandiás é posesión de Francisco Álvarez, provisor do bispo de Ourense.
• 1446 – O conde de Benavente, D. Alonso Pimente…

Historia de Sandiás (Do 80 d.C. ó ano 585)

• 80 d.C. – Vía XVIII ou Vía Nova de Bracara a Asturica. Calzada romana construída por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino. A Limia é encrucillada e zona de paso dunha das principiais calzadas do Imperio Romano, polo que foi un territorio plenamente romanizado.
-Ligazón ó interesante traballo sobre ¨A Vía Nova na Limia¨ realizado por Segundo Alvarado e que aparece no excelente Portal de Enxeñeria Romana TRAIANVS:
http://traianus.rediris.es/18limia/
• 117-138 d.C. - Época de Adriano. Posible realización das obras de canalización das augas da lagoa de Antela a través dunha canle principal, e dunha tupida rede de pequenas canalizacións ou ramais secundarios de rega.
• Comezos do século III – Descrición das vías romanas na Gallaecia polo Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás) como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas cidades máis activas e poboadas da Gallaecia.Nesta vía, o seu paso por…

Historia de Sandiás (Do neolítico ó 137 a.C.)

Neolítico - Construcción das mámoas situadas nas Leiras da Tapada (Piñeira de Arcos), monte de Sta. Mariña (Santa Ana), nas Cavadiñas (Sandiás) , e na Cortiña Nova (A Fontela).
• 2400-2100 a.C. – Poboados de palafitos na lagoa de Antela. Conde-Valvís fálanos de 3 poboados lacustres de 58, 56 e 36 habitacións na zona que abrangue dende Sandiás ata Cortegada, o que demostra a gran concentración de poboación desta zona. Os achados de frechas na lagoa de Antela apuntan á caza como medio básico de subsistencia.
• 2200–2000 a.C. – Pedra alta ou anta -tamén chamada Antela- , pedrafita (menhir) que lle dará nome á lagoa.
• Cultura castrexa - Poboados castrexos no monte do Castro (posteriormente construirase aquí o castelo ou a torre do Castro) e no monte Pendón, preto de Piñeira de Arcos, no Montiño, preto de Santa Ana, e na Coroa, preto de Arcos.
• 137 a.C. – Décimo Xuño Bruto atravesa o río do Esquecemento (Lethes). Conquista romana.

Historia de Sandiás (Web de cultura popular do concello de Sandiás)

http://www.culturapopulardesandias.com/ Os primeiros sinais de poboación destas terras sitúannos nos poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita).
Máis tarde, na Idade dos Metais, os poboados castrexos asentaríanse nos montes do Castro, preto de Sandiás, e no monte Pendón preto de Piñeira de Arcos.Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania.
Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariño…

¨Los patos de la laguna Antela¨

Por Jaime Solá (Vida Gallega, novembro 1913). Incluido no artigo ¨Paseando Galicia (Notas de un viaje)¨. Extraido da web de cultura popular do concello de Sandiás (www.culturapopulardesandias.com ) Don Luis Conde Valvis es, desde hace muchos años, querido amigo mio. Hombre que vivió en el extrajero ¨luminoso¨ -en el cerebro de Europa: en Francia, en Alemania y en Suiza- más tiempo que en su rincón gallego, tiene esa distinción ilustrada, ese don de gentes, esa amabilidad, ese poder de atracción que caracteriza á los hombres estudiosos que contrastaron su saber en contacto con el mundo.
Le encontré en Orense. Yo me dirigia á la estación ferroviaria. Yba en demanda de paisajes magnificos de la agreste montaña ribereña. Buscaba el encanto de aquél rincón paradisiaco donde el Miño y el Sil confunden la plata de sus sierpes y entre besos de espuma ensayan la canción monorítmica, dulce y sentimental, con que á lo largo de su cauce de rocas cuentan después al cielo azul la casta historia de sus…