Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

Sae o número 5 da revista cultural e turística do concello de Sandiás (A Torre do Castro)

Chegamos ó quinto número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número, como xa é habitual, contamos cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres: Domingo Fontán. No artigo de Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano ¨La Exposición Compostelana¨, o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre d

A torre de Sandiás ilustra un selo de Correos

Imaxe
A torre do Castro é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense. O xoves 21 de xullo, as 12,00 horas, no Concello de Sandiás, tivo lugar a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, mais coñecida polos veciños pola torre do Castro, sendo o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense. O acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, e o presidente da Sociedade Filatélica Miño, Jose Barros, entre outros. Esta colección de selos naceu con fin de divulgar o patrimonio cultural das fortalezas ourensáns por todo o territorio nacional, polo que contribuirá a dar a coñece-la torre de Sandiás por toda España. A torre de Sandiás, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro, conserva en bo estado os seus grosos muros nor

Máis de 200 atletas de tódalas idades participaron na Segunda Carreira Popular Torre do Castro

Imaxe
O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado martes 17 de maio de 2011 en Sandiás, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño. Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías: a carreira escolar dos rapaces/as (2.000 m ), a carreira dos ¨Pitufos¨ de 350 m , e a carreira absoluta (7.900 m) que contou cun total de 106 participantes. O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de 0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario P

II Carreira Popular Torre do Castro (17 de maio de 2011)

Estamos a traballar na organización da que será a II CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO, que xunto con LIMIACTIVA e o Concello de Sandiás celebraremos o vindeiro martes día 17 de maio. Recibiránse inscricións a partir do 2 de maio ata o 13 de maio ás 20:00 H. Por e-mail: limiactiva@gmail.com Na web: www.limiactiva.com Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás) Na Casa do Concello de Sandiás. Nas tendas Turini Sport da Avda. da Habana nº 34 e na Rúa Sto. Domingo, 62 (C. C. Xesta) de Ourense. As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas. Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son: Facendo un ingreso ou transferencia na conta de NovaCaixaGalica 2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA) Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas. Pago o contado no Concello de Sandías ou nas tendas Turini Sp

Historia de Sandiás (Século XIX)

• 1804 - Publicación do libro Descripción económica del Reyno de Galicia de Lucas Labrada. Nel fálase dos intentos dos veciños para romper os penedos de Ponte Liñares para mellorar o desaugadoiro da lagoa de Antela, noméanos tamén os cultivos que predominan na Limia: centeo, algún millo, moito pasto e abundancia de gando. • Xaneiro - Febreiro 1809 – Invasión francesa (1808-1812) – O Camiño de Allariz (23 xaneiro 1809) a Xinzo foi un dos máis duros da guerra en Galicia, os invasores tiverón entre 500 e 600 baixas, e os defensores non máis de 400. Combates na ponte da lagoa de Antela. As tropas do Mariscal Soult atravesan A Limia causando grandes represalias polas accións das accións guerrilleiras. • 1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos

Perfil socioeconómico do concello de Sandiás

Extraida da web: www.culturapopulardesandias.com Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.466 habitantes (INE, Padrón municipal de habitantes ano 2009) distribuída en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia (Couso de Limia, Cerredelo, Vilariño das Poldras), Piñeira de Arcos (Piñeira de Arcos, Arcos, A Chousela, A Corga, A Fontela, A Ladeira, A Lavandeira, Novaiño, Zadagós) e Sandiás (Sandiás, As Pegas, Coalloso, Cardeita, Santa Ana, O Castro). É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, os seus principais cultivos son a pataca e os cereais. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes, chans, dedicadas a cultivos agrícolas. Proba da súa orientación cara a cultivos agrícolas é o aproveitamento do 50% das terras labradas. concello de Sandiás xunto co de Xinzo de Limia, abranguen o 88% do total da superficie comarcal dedicada ó

Descrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

extraida da web de cultura popular do concello de Sandiás: www.culturapopulardesandias.com “A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo

Historia de Sandiás (Do S. XVIII ó XIX)

• 1710 – O capitán xeral de Galicia, o marqués de Risbourg, establécese nas cercanias da torre do Castro, actuando esta como punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a varios puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715). • 1712 – Ano da construcción da capela do pazo do Espido (As Pegas), o pazo é anterior, tal e como deducimos da data que aparece no portalón 16(...)6. • 1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada. -A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas. -Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana

Historia de Sandiás (Do S. XVI ó XVIII)

Extraido da web: http://www.culturapopulardesandias.com/ Antes de 1520 – Construcción da igrexa de Santo Estevo de Sandiás polo mestre de obras Bartolomé de Nosendo, que traballara anteriormente no mosteiro de Xunqueira de Ambia. • 1520 – Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas. • 1535 – No Repartimento do Servicio da S.M. da provincia de Ourense aparecen as dúas parroquias: Piñeira de Arcos, Sandiás. • 1550 – Publicación do libro Descrición del Reyno de Galizia do Licenciado Molina. “E en inverno, unha legua arredor deste mosteiro (Bon Xesús de Trandeiras) é todo unha lagoa de auga, porque como a terra é tan chan recolle en sí tódalas augas sen poder sair tan presto. E nalgunhas partes prantaronse moitas árbores postos polos camiños moi ó compas para guiar os camiñantes, porque doutra maneira perecerían moitos”. “Sandiás, preto

Historia de Sandiás (Do século X ó ano 1480)

• S. X – Os condes da Limia son personaxes de importancia na Corte dos reis pola significación militar e política do territorio. • S. XII – Loitas pola posesión do condado da Limia entre Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. Posible construcción do castelo de Sandiás sobre o antigo castro nunha situación estratéxica que permite un control total do territorio. • S. XII-XIII – Apoxeo das peregrinacións a Santiago, Sandiás é atravesada pola Vía da Prata, paso obrigado dos peregrinos do norte de Portugal e do sur de España. • S. XII-XIII – Construcción da igrexa de Santa María de Couso de Limia de estilo románico con posteriores reformas (s. XVII). • 1348 – O castelo de Sandiás é propiedade do maior Fernández de Biedma. • 1386 – Acometida do duque de Lancaster, pretendente á Coroa de Castela. O castelo de Sandiás é tomado e arrasado. • 1441 – O castelo de Sandiás é posesión de Francisco Álvarez, provisor do bispo de Ourense. • 1446 – O conde de Benavente, D. Alonso P

Historia de Sandiás (Do 80 d.C. ó ano 585)

• 80 d.C. – Vía XVIII ou Vía Nova de Bracara a Asturica. Calzada romana construída por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino. A Limia é encrucillada e zona de paso dunha das principiais calzadas do Imperio Romano, polo que foi un territorio plenamente romanizado. -Ligazón ó interesante traballo sobre ¨A Vía Nova na Limia¨ realizado por Segundo Alvarado e que aparece no excelente Portal de Enxeñeria Romana TRAIANVS: http://traianus.rediris.es/18limia/ • 117-138 d.C. - Época de Adriano. Posible realización das obras de canalización das augas da lagoa de Antela a través dunha canle principal, e dunha tupida rede de pequenas canalizacións ou ramais secundarios de rega. • Comezos do século III – Descrición das vías romanas na Gallaecia polo Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás) como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas cidades máis activas e poboadas da Gallaecia.Nesta vía, o seu paso

Historia de Sandiás (Do neolítico ó 137 a.C.)

Neolítico - Construcción das mámoas situadas nas Leiras da Tapada (Piñeira de Arcos), monte de Sta. Mariña (Santa Ana), nas Cavadiñas (Sandiás) , e na Cortiña Nova (A Fontela). • 2400-2100 a.C. – Poboados de palafitos na lagoa de Antela. Conde-Valvís fálanos de 3 poboados lacustres de 58, 56 e 36 habitacións na zona que abrangue dende Sandiás ata Cortegada, o que demostra a gran concentración de poboación desta zona. Os achados de frechas na lagoa de Antela apuntan á caza como medio básico de subsistencia. • 2200–2000 a.C. – Pedra alta ou anta -tamén chamada Antela- , pedrafita (menhir) que lle dará nome á lagoa. • Cultura castrexa - Poboados castrexos no monte do Castro (posteriormente construirase aquí o castelo ou a torre do Castro) e no monte Pendón, preto de Piñeira de Arcos, no Montiño, preto de Santa Ana, e na Coroa, preto de Arcos. • 137 a.C. – Décimo Xuño Bruto atravesa o río do Esquecemento (Lethes). Conquista romana.

Historia de Sandiás (Web de cultura popular do concello de Sandiás)

http://www.culturapopulardesandias.com/ Os primeiros sinais de poboación destas terras sitúannos nos poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita). Máis tarde, na Idade dos Metais, os poboados castrexos asentaríanse nos montes do Castro, preto de Sandiás, e no monte Pendón preto de Piñeira de Arcos.Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania. Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilar

¨Los patos de la laguna Antela¨

Por Jaime Solá (Vida Gallega, novembro 1913). Incluido no artigo ¨Paseando Galicia (Notas de un viaje)¨. Extraido da web de cultura popular do concello de Sandiás ( www.culturapopulardesandias.com ) Don Luis Conde Valvis es, desde hace muchos años, querido amigo mio. Hombre que vivió en el extrajero ¨luminoso¨ -en el cerebro de Europa: en Francia, en Alemania y en Suiza- más tiempo que en su rincón gallego, tiene esa distinción ilustrada, ese don de gentes, esa amabilidad, ese poder de atracción que caracteriza á los hombres estudiosos que contrastaron su saber en contacto con el mundo. Le encontré en Orense. Yo me dirigia á la estación ferroviaria. Yba en demanda de paisajes magnificos de la agreste montaña ribereña. Buscaba el encanto de aquél rincón paradisiaco donde el Miño y el Sil confunden la plata de sus sierpes y entre besos de espuma ensayan la canción monorítmica, dulce y sentimental, con que á lo largo de su cauce de rocas cuentan después al cielo azul la casta historia d