Historia de Sandiás (Do S. XVIII ó XIX)

• 1710 – O capitán xeral de Galicia, o marqués de Risbourg, establécese nas cercanias da torre do Castro, actuando esta como punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a varios puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715).

• 1712 – Ano da construcción da capela do pazo do Espido (As Pegas), o pazo é anterior, tal e como deducimos da data que aparece no portalón 16(...)6.

• 1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada.

-A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas.
-Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana Marra, Agustina Delgado, María Carnero, Lucrecia Blanco, Josepha Ledo, Angela de Dios, Isabel Fernández, Hermenegilda Seguín, Juliana Manso, Estefanía Manso, María Ledo, Paula Feixoo, Theresa Otero e Juana Salgado).

- A fregresía de Santa María de Couso de Limia, xurisdicción de Sandiás, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 157 veciños e 130 casas incluídas 4 arruinadas.
-Relación de oficios: 1 arrendador dos dezmos do cura (D. Diego Fernández Feixoo), 2 arrendatarios de tabernas (Joseph Rodríguez Borrajo e Joseph Fontelo, Vº de Xinzo), 2 ferreiros (Diego Fernández, Santiago Travieso), 2 carpinteiros (Francisco Martínez, Primitivo del Molino), 3 xastres (Joseph Melio, Manuel Pérez, Simón da Graña) , 17 tecedeiras (Agustina Laxe, Agustina Laxe, Margarita Borrajo, María Baia, Ana DeBarxa, Damiana Coello, Theresa Añel, Gregoria Manso, Theresa Fernández, Luisa Fernández, Nicolasa Fernández, Leocadia del Pozo, María Santana, Ana Coello, Juana Baia, María Dorado e Jacinta Joga).

-A fregresía de San Xoán de Piñeira de Arcos, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó conde de Maceda, conta con 113 veciños e 200 casas, 15 delas arruinadas.
-Relación de oficios: 1 xuiz (Juan Salgado), 1 taberneiro (Francisco Campelo (taberna mancomunada cos veciños de Coedo), 1 xastre (Juan ...), 1 ferreiro (Antonio de Quintas), 21 tecedeiras (Ana Santana, Marina Pérez, Ana das Quintas, Euphrasia Manso, Marina de Otero, Lorenza Pérez, Rosa Carnero, Agustina del Río, Pasqua Pérez, Rosa Pérez, Marina Gonzales, María Ledo, Ana Romero, Ana Garcia, Ysabel Delgado, Marta Coello, Antonia Coello, Victoria Borrajo, María Cid, Theresa Campelo e Rosa Delgado).

-O lugar de Zadagós, lugar da fregresía de San Xoán de Piñeira de Arcos, xurisdicción da vila de Xunqueira de Ambía, perténcelle ó bispo de Valladolid, conta con 14 veciños, 1 taberna mancomunada cos veciños da Graña.
-Relación de oficios: 1 tecedeira (Josepha da Graña).

-Ligazón para ver os censos completos (nomes e apelidos dos veciños): http://www.xenealoxia.org/modules.php?name=Content&pa=list_pages_categories&cid=5

Nestas fregresías predomina como principal cultivo o centeo, con mencións ó trigo e ó millo. Outro tipo de cultivos minoritarios eran os nabos, a ferraña, o liño e as hortalizas.

Na relación de oficios do Catastro de Ensenada pódese apreciar o grande número de tecedeiras (54) que, cos seus teares, producían tecidos de liño máis alá do autoconsumo, producíndo para os mercados locais ou comarcais. Comezaron a perder a súa importancia ó non superar a competencia dos novos productos téxtiles (algodón) doutras zonas xeográficas (Cataluña), e a dificultade para mecanizar o traballo do liño.

• 1751-1755 – Viaxe do ilustrado Joseph Cornide (1734-1803). De Camiño a Madrid, este ilustrado coruñes recolleu nun libro publicado en 1767 as impresións da súa viaxe.

“… Deixamos nun penedo á esquerda unha torre xa derrotada que hoxe da Excma. Casa de Malpica e que foi fundación de Sancho Díaz ou Sandiás, segundo Pellicer”.

“Este pais é moi fecundo en antigüidades, polo que é digno de ser visitado con máis coidado do que poñen os camiñantes, pois servirián para ilustrar a historia de Galicia, chea de ambigüidades e fábulas”.

• 1754 - Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia.

“Hoxe 31 de outubro de 1754.
Saín de Ribeira a Lamas (Santa Maria).
Río de Xinzo. Xinzo queda á dereita. Nace na serra do Arouco (cerca de Portugal, distante de Xinzo 3 ou 4 leguas).
Ponte das Poldras. Río Limia.
Á esquerda Telleiro e Santa María de Couso.
A torre de Sandiás, e fregresía. A torre á dereita.
Piñeira de Arcos, fregresía, dita Zadagós.
Ermida de San Marcos.
Dende este alto sobre a dita ermida vese casi toda A Limia. Costa de San Marcos moi longa e penosa que baixa a Allariz”.

• 1756 - Frei Xosé de Seguín, natural de Sandiás, comisario de Misións da Orde de San Francisco, é un dos fundadores do colexio de San Ildefonso de Chillán en Chile.

Frei Xosé Seguín - Frade franciscano natural de Sandiás (Ourense). Foi alumno e secretario do Colexio de Pasantes de Alba de Tormes (Salamanca) antes de incorporarse ó Colexio de Misioneiros de Herbón (A Coruña). Foi superior deste convento dende o 1749 ó 1752. No 1752 saiu de Cádiz con outros catro frades galegos con destino ás misións do Perú, territorio dos ¨indomitos e belicosos indios araucanos¨. En Ocopa (Perú) no 1754 foi nomeado Comisario Xeral de tódalas misións do Perú. En 1756 participou no Parlamento de Laja (tratados de convivencia entre os indíxenas e os españois, no de Laja, os indios Pehuenches solicitaron frades franciscanos). Nese mesmo ano participou conxuntamente con outros dous frades galegos (Fr. Alonso de la Iglesia e Fr. José Gondar) na fundación do Colexio de San Ildefonso de Chillán (Chile). No 1757 regresou ó Perú, para facerse cargo doutras fundacións, onde morreu no 1759.

• 1757 - Construcción da rectoral de Sandiás.

• 1763 – Real Resolución de Carlos III, os foros convirtironse na práctica en perpetuos.

• 1765 – Proxecto de desaugadoiro da lagoa de Antela de D. Pedro González de Ulloa, presentado á Real Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765-1774).

Pedro González de Ulloa (1714-1790) - Abade de Santa Baia de Chamusiños e intelectual ilustrado. Relacionouse epistolar e presencialmente con moitos dos grandes intelectuais do momento, como os Padres Flórez e Sarmiento ou os señores Cornide, Campomanes e Montiano.

Carta, mapa e proxecto de desaugamento de D. Antonio de Quintas (escribán de Sandiás segundo o Catastro do Marqués de la Ensenada do 17 de decembro de 1752) remitido á Real Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765-1774). Foi visto na sesión do 26 de maio de 1765. Xuntouse con outros papeis do mesmo asunto, pero lamentablemente desapareceron.

• 1766 – Construcción da capela primitiva do San Bieito de Uceira.

• 1768-1769 – Bienio tráxico, anos catastróficos, crises cerealeiras, azoute da fame en Galicia.

• 1777 - Na Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia de D. Pedro González de Ulloa, xa aparece a pataca como un dos cultivos típicos da Limia, anos antes da extensión deste cultivo por Europa Central.

“Dáse moito centeo, algún trigo, millo gordo e miúdo, liño, patacas, legumes e hortalizas, castañas, froitas,…”.

• 1787 - Censo de Floridablanca de 1787. Contén información sobre a estructura da poboación por sexo, idade e estado civil, xunto cunha elemental clasificación por actividade económica para todas as localidades de España. É, en opinión de expertos, o mellor censo realizado ata a data en Europa.

As demarcacións de Sandiás e Piñeira contan con:

• Sandiás (Xurisdicción do conde de Medina de Río Seco): 2.352 habitantes (1.171 varóns, 1.181 mulleres).
Por profesións aparecen: 15 fidalgos, 327 labregos, 86 xornaleiros, 5 comerciantes, 17 artesáns, 40 criados, 12 militares, 3 curas, 3 sancristáns, 2 tenentes de cura, 1 avogado, 1 escribán, 1 alguacil, 1 estudiante, 1 capelán, 1 Orde T. patrimonio, 1 depend. Cruzada.

• Piñeira de Arcos (Xurisdicción do conde de Maceda): 573 habitantes (296 Varóns, 277 mulleres).
Por profesións aparecen: 3 fidalgos, 50 labregos, 55 xornaleiros, 7 artesáns, 20 criados, 2 capeláns, 1 cura.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)