Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2010

Sandiás. ¨No corazón da Antela¨

O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de Ourense formando parte da comarca natural da Limia. Ten unha superficie de 53 Km2 e ocupa, en gran parte, as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambia, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con Vilar de Santos. As principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52 (Saída 202), que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste. A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6 Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de Allariz. Distancia coas principais cidades por estrada: A Coruña (177 Km), O Ferrol (190 Km), Lugo (119 km), Pontevedra (115 Km), Santiago (129 Km), Vigo (106 Km).

O entroido en Sandiás

Por Carmen Cuquejo ( www.culturapopulardesandias.com ) ¨ Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨ “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931 O Entroido é unha festa de benvida á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe un culto á terra e a súa fertilidade. O longo dos séculos o Entroido constituíu un

Decrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´Arr

A lagoa de Antela

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros. A lagoa de Antela en 1960. En primeiro termo, a ponte das Poldras. O fondo a estrada de Villacastín a Vigo, actual N-525. A depresión da Limia tivo a súa orixe durante o Terciario como consecuencia dun amplo xogo de bloques. Uns ascenderon, dando lugar a diversas serras, como as de Queixa ou San Mamede, outras afundironse e derón lugar a un conxunto de depresións tectónicas, como as de Maceda, A Limia ou Monterrei, que bordean polo oeste, sudoeste e sur, respectivamente, as citadas serras. Ó longo do Terciario, producto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela, nas que, durante o Cuaternario, se foran amoreando sedimentos.

¨Límica¨

Imaxe
    Florentino López Cuevillas (Foto: @galipedia)     Por Florentino Cuevillas (La Región, anos 50).   Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás.   Fuéramos aquella tarde a Montederramo con el propósito de subir a la mañana siguiente a la cima de Sieiro. Ibamos ilusionados con la ilusión de la sierra y de los dilatados horizontes que ella domina, y pensábamos en contemplar la Limia a nuestros pies, con su laguna y sus tres castillos, y el surco verde del valle del Arnoya, y las vegas amplias del valle del Támega; y más lejos los lomos y las cumbres de las grandes sierras: de Queixa y del Caurel y Pena Trevinca y del Montouto. Pero por la noche la lluvia golpeaba furiosa los cristales de nuestros dormitorios, y por la mañana seguía lloviendo y una niebla blanca y espesa flotaba en las alturas de San Mamede. Hubo que renunciar a subir hasta allí, hubo que renunciar a las bellas perspectivas, a la capilla del santo ermitaño y a la linfa de la fuente que nace cerca de

Galería de imaxes do concello de Sandiás

Galeria de imaxes do concello de Sandiás: http://www.flickr.com/photos/limiao/

¨Na Limia¨

Imaxe
  Vicente Risco ( Foto: @galipedia )   Por Vicente Risco. ( La Zarpa , 2/6/1921). Extraído da antiga web de cultura popular do concello de Sandiás. -I- D´Ourense para Xinzo sáles´as cinco da tarde n-un automóvele da liña de Verín, onde van señoritas moi enchapeiradas e descotadas que van para Cabreiroá. Algunhas son as que se´esmourecen con todo pra figurar que lles deu o vento mareiro. Tamén van rapaces con gabardina e Kodak. Saen tres coches, de maneira que sí se non colle n-un, agárdase pol-o outro. Inda qu´o Quintana diga que non hai sitio, non hai que desanimar; ten un pacencia y-agarda, y-o cabo, métes´un en calquer lado.O teósofo Roso de Luna ten un aforismo que sacou da sua esperencia d´acomodal-os moebles d´unha familia regular, nunha d´aquelas grileiras qu´en Madrid chaman casas. O aforismo dí: ¨Todo colle en todo¨. E com´o conto do alifante y-a formiga… Mais para se convencere, hai que vel-os automóvels de Galiza. - II - A Limia é unha terra que ten leenda, tanta leenda

¨O castelo de Sandiás"

Por Xesús Taboada Chivite ( La Región, 05/04/1970). Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás: http://www.culturapopulardesandias.com/ Tradución ó galego do orixinal en castelán. Triste estampa ofrece a fotografía de Sancho deste castelo de Sandiás que garda a lembranza de ¨cen historias que xa pasaron¨, como cantou Lamas. Erguido sobre o outeiro, domina a ancha terra da Limia, onde durme soterrada a fabulosa Antioquía; a chaira pola que descorre, cantando a historia, o río do Esquecemento que un día cruzou triunfante Bruto O Galaico. A torre, desmouchada na súa cara Oeste, domina os casaríos de Santa Ana, As Pegas e O Castro, topónimo este que lembra a vella acrópole sobre a que se asentou o castelo. Os seus fortes muros de máis de tres metros e medio de grosor, son nostálxica testemuña do mundo medieval e tráenos a saudade de don Fernando Alonso de Santana, Señor de Sandiás. Aquí loitou bravamente contra o Duque de Lancaster, quen tomou a fortaleza e destruíu part

¨Cousas da Limia"

Imaxe
    Por Vicente Risco ( Vida Gallega , xullo 1957) Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás. Tradución do orixinal en castelán.   O desecamento da lagoa de Antela, vella ilusión dos economistas do século XVIII, recollida despois polo Deán Bedoya e por outros, da actualidade a unha das comarcas máis definidas e máis fermosas de Galicia.   Teño pasado longas tempadas á beira daquela gran chaira, na Pereira, parroquia de San Pedro de Sabariz, concello de Rairiz de Veiga –Rairiz, Sabariz, nomes xermánicos; predominio de cabeleiras loiras e ollos claros; afección a montar cabalos e eguas longas, de gran alzada: as bestas limiás. No período de entre guerras, aínda levaban os homes os seus chalecos con mangas, tecidos e feitos na casa, encarnados e rebereteados de trenzado negro, e os seus chapeus tecidos por eles en palla centea. Botabamos longas parolas nun comercio deses de todo, ó comezo da noite, polo tempo das mallas – facíanas a máquina, con máquina alugada, preparan

"Se quiebra el mágico cristal"

Imaxe
  Ramón Otero Pedrayo en 1947 (Foto. @galipedia)     Por R. Otero Pedrayo ( La Región , 04/10/1958). Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás.   Es violado el ensueño de la Antela. Doblarán a muerto por la Poesía y el triunfo de la economía las campanas sumergidas. ¿Dónde posarán los flamencos - rosa y las garzas, mensajeros de los deltas del Danubio y de los lagos, de pupilas nubladas de fantasía, del Báltico? No nos asustemos demasiado. Si en vez de nuestras ¨lagunas pontinas¨ se doran grandes trigales la ciudad ¨asulagada¨ queda en el fondo del alma de Galicia, en la geografía y paisaje, inaccesible a las máquinas, de su espíritu. Quien mejor conoce la Antela, el ingeniero y arqueólogo Conde Balvís, se despidió de sus cristales melancólicos, de su suelo dormido, hace poco tiempo. Y su hermoso estudio suena, sin quererlo su autor, a elegía y canto de adioses.    No intentaremos ni aun el esquema de los intentos y trabajos anteriores. Sólo apuntaremos algunas. La