Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

#Memoriarural 1972: O 30 de xaneiro de 1972, en pleno franquismo, o Concello de Sandiás, daquela Ayuntamiento de Sandianes, toma por acordo o cambio de topónimo deste concello, pasando de ser Sandianes a Sandiás.

Imaxe
#Memoriarural 1972: O 30 de xaneiro de 1972, en pleno franquismo, o Concello de Sandiás, daquela Ayuntamiento de Sandianes, toma por acordo o cambio de topónimo deste concello, pasando de ser Sandianes a Sandiás. Así no xornal La Región do 18 de febreiro de 1972, xa aparece nas novas do corresponsal, o mestre e veciño de Piñeira de Arcos, Luis Otero, SANDIÁS, aparecendo na nova dese día, unha nota de agradecemento da corporación de Sandiás e do corresponsal, Luis Otero, ó galeguista Ben-Cho-Shey. Nese mesmo ano, un estudio realizado pola Agrupación Cultural Auriense loitaba pola recuperación dos topónimos en galego, fronte ós barbarización dos topónimos desa época (Niño de la Guia, Ginzo de Limia, etc.). Este estudio viña avalado por Otero Pedrayo, Taboada Chivite, Lorenzo Fernández ¨Xocas¨ e Ferro Couselo. Obviamente, estes feitos están relacionados, non sei si xente que sepa do tema, como Afonso Vazquez-Monxardin poderianos botar unha man para aclarar este feito para saber máis dest…

#Memoriarural 1998: Visita organizada polo Concello de Sandiás dos escolares do colexio deste concello ás areeiras rehabilitadas

Imaxe
#Memoriarural 1998: Visita organizada polo Concello de Sandiás, o 2 de febreiro de 1998,  dos escolares do colexio deste concello ás areeiras rehabilitadas. Entre os rapaces atopamos á alcaldesa do Concello, María Concepción Méndez, a directora do colexio, Dª Chon, e un dos responsables da Consellería de Medio Ambiente, Xosé Benito Reza.

#Memoriarural 1981: O C.D. Sandiás un novo equipo na comarca antelá

Imaxe

#Memoriarural 1979-2019: Fai 40 anos, un centenar de mulleres alzaron a voz para dar voz á cidadanía.

Imaxe
Principios dos anos 80: Sinatura da alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez, do crédito que o Concello de Sandiás concertaba co Banco de Crédito Local de España na súa sede de Madrid.
Fai 40 anos, un centenar de mulleres alzaron a voz para dar voz á cidadanía. Elas foron 104. Eles, 7.937. 
Unha delas foi Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás elixida o 3 de abril de 1979.
O 21 de novembro de 2019, a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) recoñece o valor das alcaldesas do 79 nun acto no Senado. 

#40añosdedemocracialocal

#Memoriarural 1981: O C.D. Sandiás outro novo equipo na Terceira Rexional. Entrevista ó primeiro presidente do C.D. Sandiás, Pepe Losada, e o seu primeiro entrenador, Elías

Imaxe

#Memoriarural 1981: O campo do C.D. Sandiás en marcha

Imaxe