#Memoriarural 1972: O 30 de xaneiro de 1972, en pleno franquismo, o Concello de Sandiás, daquela Ayuntamiento de Sandianes, toma por acordo o cambio de topónimo deste concello, pasando de ser Sandianes a Sandiás.


#Memoriarural 1972: O 30 de xaneiro de 1972, en pleno franquismo, o Concello de Sandiás, daquela Ayuntamiento de Sandianes, toma por acordo o cambio de topónimo deste concello, pasando de ser Sandianes a Sandiás. Así no xornal La Región do 18 de febreiro de 1972, xa aparece nas novas do corresponsal, o mestre e veciño de Piñeira de Arcos, Luis Otero, SANDIÁS, aparecendo na nova dese día, unha nota de agradecemento da corporación de Sandiás e do corresponsal, Luis Otero, ó galeguista Ben-Cho-Shey. Nese mesmo ano, un estudio realizado pola Agrupación Cultural Auriense loitaba pola recuperación dos topónimos en galego, fronte ós barbarización dos topónimos desa época (Niño de la Guia, Ginzo de Limia, etc.). Este estudio viña avalado por Otero Pedrayo, Taboada Chivite, Lorenzo Fernández ¨Xocas¨ e Ferro Couselo. Obviamente, estes feitos están relacionados, non sei si xente que sepa do tema, como Afonso Vazquez-Monxardin poderianos botar unha man para aclarar este feito para saber máis deste feito tan importante para o noso concello.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)