Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTHUR

"Temos unha lenda que localiza a derradeira batalla d´el rei Arthur na chaira da Limia, Galiza, onde hai unha lagoa da que sae un río que despois entra en Portugal (...) E contase que os mosquitos que voan sobre aquela lagoa son os exércitos d´el rei Arthur, que alí ficaron encantados, agardando o seu retorno" .
Vicente Risco
Mitología Cristiana.
Madrid, Editora Nacional, 1963.

A LAGOA DE ANTELA

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros.
A depresión da Limia tivo a súa orixe durante o Terciario como consecuencia dun amplo xogo de bloques. Uns ascenderon, dando lugar a diversas serras, como as de Queixa ou San Mamede, outras afundironse e derón lugar a un conxunto de depresións tectónicas, como as de Maceda, A Limia ou Monterrei, que bordean polo oeste, sudoeste e sur, respectivamente, as citadas serras. Ó longo do Terciario, producto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela, nas que, durante o Cuaternario, se foran amoreando sedimentos. A práctica totalidade das lagoas colmatáronse, a excepción da lagoa de Antela, que se conservou ata os nosos días. Sob…

A ERMIDA DO SAN BIEITO DA UCEIRA

Imaxe
A primitiva ermida foi contruída no ano 1766, posteriormente sería reconstruida e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.

A IGREXA DE SANTO ESTEVO DE SANDIÁS

Imaxe
Trátase dunha das máis fermosas do renacemento galego. Construída polo mestre de cantería, Bartolomé de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha.
O retablo maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado entre os anos 1603 e 1607 polo entallador Xóan Fernández O Mozo, un pintor de orixe portuguesa,  e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século.Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas da parte baixa, destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

A TORRE DO CASTRO OU TORRE DE SANDIÁS

Imaxe
A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde en 1467 é arrasado polos irmandiños, e logo reconstruído. Sen embargo, outras fontes dinnos que xa non foi reconstruído. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.

¨O MITO DE ANTEO¨

“As pequenas culturas teñen unha relación complicada co mundo de hoxe en día. É unha situación de Anteo fronte a Hércules: Hércules é a globalización, e Anteo a posibilidade de resistir. O mito dinos que vence Hércules, mais tamén nós di que Anteo segue a resistir”. Seamus Heaney
Poeta Irlandés
(Irlanda do Norte, 1939-)
Anteo: Mit. Xigante, fillo de Xea e de Poseidón. Hércules na súa viaxe ó Hiperbóreo ten que pasar por Libia, onde loita con Anteo, a quen derruba tres veces. Ó observar que cada vez que este tocaba terra -Xea, a súa nai- adquiría renovadas forzas, ergueuno no aire, e afogouno cos seus potentes brazos.

Sobre la necesidad del desagüe de la laguna de la Limia (2)

Por Domingo Fontán (La Exposición Compostelana, xuño 1858).
Reproducido coa autorización da Biblioteca do Museo de Pontevedra.
Domingo Fontán (1766-1866) . Galego Ilustre. Autor da Carta Xeométrica de Galicia (1854), o primeiro mapa de Galicia realizado con métodos científicos, colaborador do Diccionario Madoz, e Deputado a Cortes por Pontevedra polo Partido Liberal.

¨Para evitar tantos daños el Señor Don Julián Touves, corregidor de la villa de Ginzo en 1825, concibió el pensamiento del desagüe de la expresada laguna, y al efecto se dedico á reconocerla detenidamente, y calculó el beneficio que recibiría la agricultura convirtiendo en terreno labradío y de 4ª calidad los que no son mas que inútiles juncales; demostró matemáticamente, que resultarían unos 24.308 ferrados de sembradura, los cuales en venta valdrían 3.240.855 rs vn, y en renta anual unos 120.000 ferrados de trigo que al precio quinquenal de 8 rs por ferrado, reportarían al país la suma de 960.000 reales. Entusiasmado …

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(1)


¨A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón –decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cegos e van cantando responsos¨, etc… ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumenado (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pueblo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabendo así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi.¨ ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi para Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai re…

¨DO NOSO SEÑOR E SAN PEDRO¨

¨Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitonos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis´…, máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨!ay, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deixe co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro¨…


“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.

¨DO DEMO¨

¨D´o demo contán que, vindo unha noite da tuna unhos catorce ou quince mozos, aparecéuselles en forma de besta, que a colleron e empezaron a porse d´acabalo, e cantos máis se puñan, máis ib´alargando para se puxeran máis, hasta que se puxeron todos,; era pr´atravesar un río, pero cando iban no medio o qu´iba diante, revolveuse e dixo: ¡Ay, Jesús, que trandeira¡, y´entonces a besta (demo) desapareceu e quedaron todos no río….¨
Urbano Santana
¨Resume Xeneral de Folk-lore de Sandiás¨
Revista Nós, 1931

¨A LUMIEIRA DA ERMIDA DO SAN BIEITO DA UCEIRA¨

¨Na construcción da ermida de Sandiás un home levaba no seu carro a lumieira da ermida. Como era nun monte e antigamente non había camiño principal, o home parou o carro e seguiu só para escoller o camiño máis cómodo para subir a lumieira. Cando volveu onde deixara co carro, este non estaba. Encontrouno despois xunto á ermida. A lumieira estaba xa colocada¨.
Anónimo. Publicado nalgunha revista escolar ou do instituto.

¨O SAN BIEITO DA UCEIRA¨

¨O San Benito (abogado de coxos e outros padecementos físecos), ten unha capilla no monte, que leva o nome do Santo. Ten ofrecementos de pernas, corpos, caras…, según os membros doentes do que ofrece, de cera, que os ten colgados na capilla. O día da festa, e durant´e o ano, hay ofrecementos d´andarll´as novenas de pé ou de rodillas; outros arrumben o monte descalzos, porque lles fag´algún favor ou xa llo ten feito…
Tamén é festa de merendas, ou mellor dito, xantares… Fanlle dúas festas ó ano, chamadas ¨San Benito de Marzo¨ e ¨San Benito de Seitura¨, acaso porque cadra nistes meses. É o Santo máis milagreiro que temos na parróquea. N´algún tempo trouxérono para igrexa en procesión, pero escapábase de noite pro monte; por eso tuveron que faguerlla capilla…(O mesmo sole contarse de todol´os Santos que hay retirados do pobo; hay quen dí qu´era cura que o mandaba levar…). ¨D´unha vez, querendo levar unha pedra pra capilla, grande, e como está rodeada de paredón, andaban buscando por ond´…

¨A FONTE DA CRUZ DE CARDEITA¨

“A saida do pobo hay nunh´a horta da ¨Crú´de Cardeita¨ unha fonte cuberta de zarapallada por´a veira, y´alí sale, ó día de San Juan, antes de nacer´o sol, unha cobra moi grande, qu´é unha persoa encantada. Trai un caravel na boca, y´o que llo quite co´a boca d´il, ten moito diñeiro, e s´e home, a cobra vólvese muller, e viceversa; pero s´está alí e non ll´o quita, cómeo a cobra”.
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.



¨A FONTE DO MOURO¨(2)

“Na misma fonte hay unha moura encantada qu´está sentada n´unha silla d´ouro. Había unha rapaza qu´iba coas ovellas pro veciño ¨monte de Picos¨ e a moura aparecíaselle e peinaba moi ben con peina d´ouro; pero tiña que ser secreto, y´a rapaza contoullo a mai, entonces, a moura, comeuna; despóis ib´a mai verrando, ¨ ¡ay miña María!¨… y´a moura contestou, ¨María, Mariola, frita en aceite vay na miña barrigola¨… A mai d´esta moura tiña catro fillas encantadas na fonte; unha vez que foi un de Couso as seituras a Castilla, a vella enteirouse e deulle catro panochas de catro cornexos cada unha, para que as fose tirar á fonte e lle desencantar´as fillas; mais a condanada da muller, o ver as panochas que traía o seu home, antoxóusell´o trigo e comeulle un cornexo a unha; pero cand´o home foi cumplir ca orden da vella, tirou as outras tres panochas, unha a unha, e foron salindo hasta tres cabalos moi gordos e n´eles tres mozas moi guapas, que se marcharon; máis, o tirar a coarta, saliu un caba…

¨A FONTE DO MOURO¨(1)

“A fonte do Mouro, é produto d´unha escavación que fixeron os vellos en busca d´unha trabe d´ouro: ¨Cando andaban cavando aparecéulles un mouro n´un cabalo, que lles dixo que non seguisen afondando senon darían c´unha trabe de alquitrán antes do d´ouro, y´entonces non cavaron máis”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.

¨NA PROCURA DO TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨

¨Fai xa moitos anos, un grupo de veciños, tanto do Castro como das Pegas, movidos pola cobiza que un deles lle meteu nos miolos co libro dos tesouros ou ¨Ciprianillo¨, fartáronse de facer buratos por todo o outeiro, ata que cavando, cavando, descubriron o pozo do castelo de pura casualidade. Ó único que sacaron foi uns cantos xerros, ós que non deron a maior importancia, xa que eles ó que buscaban era o tesouro, pero como estaban baleiros, tiráronos de novo ou regaláronos. Algúns deles vinos nunha ocasión no Museo, pero non sei como estará referenciado¨.
Fonte: Esta lenda foi recollida por J.J. Cid (O Castro - Sandiás).


¨A TRAIZÓN DA TORRE DE SANDIÁS¨

¨Cando eu era neno, un veciño de O Castro (a aldea que está ó pé da torre) contoume a seguinte lenda: ¨Hai moito tempo un exercito de homes vidos de lonxe arrodearon a torre do Castro, pero os que alí vivían defendéronse valentemente do ataque, e non a deron tomado (os seus muros ainda hoxe impresionan). Pero unha noite, un criado abriulles a porta ás agachadas, e eles entraron e pasaron a coitelo a todos os habitantes da torre, non tendo piedade con ninguén, para logo plantarlle lume e botala embaixo¨. Non hai moito tempo lin nun libro* de historia no que aparecia reseñado este relato; o exercito eran os Irmandiños. O meu veciño dubido moito que lerá este libro, mais as lendas moitas veces teñenvos unha base real¨.
¨... Os sitiadores, axudados pola traizón dun criado, entraron unha noite pola portela, mataron ós defensores, e puxeronlle lume á torre, onde pereceron os familiares, derruiron a fortaleza, e voltaron a reforza-lo cerco de Allariz¨

Recollida por Xavier F. M.

*¨Historia d…

¨O MOURO ROUBA ZAPATOS¨

“E os vellos contan que cando seus abos eran mozos xuntaron varias escadas e subiron a éla, e un que se chamaba ¨o tío curcumba¨ paseábase por´o alto e foi un mouro e marchoulle c´un zapato sin que o visen”.

“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”

Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.



¨O TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨

“Dentro d´o castillo hay un pozo con varios metros d´auga, moi oscuro, e por íl ten entrada, e debaixo hay un salón con moito ouro. Para desencantalo, hay que levar un hovo d´unha pita negra, y´a pita; ésta sóltase no salón, y´o hovo estréllase na frente a un xigante qu´está dentro c´unha machada levantada pra matar ó que vaya se non lle da co hovo…”.
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.




¨O CASTELO DE SANDIÁS¨

“Foi feito, según boca dos vellos, por´os mouros cand´ó de Pena que está de frente a unhos 7 Km pouco máis ou menos o Sur do d´eiquí, meténdose por´o tanto a Veiga no medio. Fixeron por debaixo da terra unha carretera desd´unh´autra torre e por éla andan os mouros d´un lado para outro. Cand´os fixeron, os ferreiros de Pena e máis o de Castro, pr´apuntar os picos non tiñan máis que un martelo pr´os dous e arreglábanse con él tirándoyo desd´unha a outra cando lles faguía falta”.
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.


¨ANTIOQUIA¨

“No lugar que oxe ocupa a lagoa de Antela houbo, n-outros tempos unha cidade chamada Antioquía. Era a meirande que se conecia e a mais rica. Pro a sua riqueza e o seu grandor foron a sua perda. Trocouse soberbia. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén.
Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar ós xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquía na figura dun esmolante e tentou a caridade dos antioquiaus. Percorreu a cidade enteira da primeira á últema casa pedindo esmola, e non achóu a ninguén que xiquera lle dixese: ¨Deus te axude¨. Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado, entre uns carballos viu unha casarella ca porta suchouza e unha velliña, mui velliña, agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba qu-aquecía. Xesús arrimouse e pregou:
-Unha esmola pol-o amor de Deus.
-Pase quen sexa, dixo a velliña.
E Xesús pasou. E a velliña sentouno ó lume, e muxiu unha cabra que tiña e déulle unha cunca de leite e …

¨ANTIOQUIA¨(2)

“Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquía) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos”. ¨Resume xeneral de folk-lore de Sandiás¨

Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.



¨ANTIOQUIA¨(1)

“Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”. O río Limia e os seus contornos (1879)
Benito Fernández Alonso

Traducción ó galego de Xavier F. M.

¨OS EXÉRCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨(2)

“… e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube inmensa de zoadores cínifes que mortifican de día e de noite, e non cabe existan en ningunha parte tantos nin tan carraxentos e sañudos. Á antiga superstición pagá sobre o eterno e universal esquecemento que producía o beber ou atravesar as augas do Leteo, o vulgo sempre crédulo e amigo do marabilloso, substituíu outra nos tempos cabaleirescos que aínda duraba ós principios do século XVI, de ser estes alados e armados insectos os exércitos encantados do rei Artús, transformacións das que falaron tanto os romances nacionais e extranxeiros”.

Memoria sobre o desaugadoiro da lagoa de Antela ou da Limia (1834)
Juan Manuel Bedoya

Traducción ó galego de Xavier F.M.



¨OS EXÉRCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨(1)

“E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.
“Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon Xesús de Trandeiras”
Boletín de la comisión de monumentos de Orense XI (1936-1939)
Manuscrito orixinal do s. XVI. Transcrición de Antonio Cruceiro Freijomil

Traducción ó galego de Xavier F. M.



¨DE COMO SE CREOU A LAGOA DE ANTELA¨

¨Cando os mouros estaban a facer a torre do Castro e a de Pena, só tiñan un martelo, polo que se arrebolaban con el dunha torre a outra para ir apuntalando as pedras. Ata que un día, nun deses lanzamentos, a un deles falláronlle as forzas, e o martelo caiu no medio do camiño entre as dúas torres, facendo un gran burato, onde escomenzou a brotar auga, dando lugar á que coñecemos (coñeciamos) como lagoa de Antela¨ Lenda popular de Sandiás - Recollida por Xavier F.M.

Sobre la necesidad del desagüe de la laguna de la Limia (1)

Por Domingo Fontán (La Exposición Compostelana, xuño 1858)

Domingo Fontán (1766-1866) . Galego Ilustre. Autor da Carta Xeométrica de Galicia (1854), o primeiro mapa de Galicia realizado con métodos científicos, colaborador do Diccionario Madoz, e Deputado a Cortes por Pontevedra polo Partido Liberal. Reproducido coa autorización da Biblioteca do Museo de Pontevedra.
No solo progresará en mucho la agricultura de Galicia aprovechando en el riego las abundantes acequias, sino también dando á los que desaguan en el mar la dirección conveniente en el término de su curso, á fin de que sin perjudicar en nada a la pesca y facilitando la navegación, se sustraigan al dominio de las mareas terrenos por ellas inundados, cuya posición nos excusa decir que serán feracísimos, y que nunca debieron verse así perdidos para el país por un Gobierno ilustrado y previsor á quién está encomendada su felicidad. El utilizar estos vastos juncales, que en bajamar cualquiera puede reconocer en las rías de Betanz…

Sae o número 6 d´A Torre do Castro, a revista cultura e turística do Concello de Sandiás

Nesta ocasión sobrepasamos a barreira dos cinco números editados, chegando neste ano ó sexto numero desta revista, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste novo número, como xa é habitual, botamos man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela de xornalistas dos anos 20 como o vigués Jaime Solá, fundador da revista Vida Gallega, e de grandes persoeiros, como é o caso de Álvaro Cunqueiro, que nos fala nun artigo, moi poético, dunha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continuamos coa segunda parte do artigo de Domingo Fontán de 1858, extraído do xornal compostelán ¨La Exposición Compostelana¨, no que se nos trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola.
Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda (A Coruña), no que se lles mostrou o complexo…

Al borde de la laguna Antela

Por Jaime Solá (Vida Gallega, novembro 1929)
A cuarenta kilómetros de Orense, por la carretera de Villacastín a Vigo, que es la de Madrid, está Ginzo de Limia. No a más de trescientos pasos antes de Ginzo se encuentra, a la derecha, otra carretera. Cuando la hayáis recorrido en la extensión de diez kilómetros, habéis llegado a la Sainza. Para saberlo, no necesitasteis entrar a la aldehuela. Os habrá anunciado un castillete, erguido sobre las ruinas de una edificación que, antes de ser campo de contiendas, fue, según mis noticias, palomar. En esa fortaleza, que ahora es de piedra, de forma rectangular y de lados exactamente iguales, que no tienen más de seis o siete metros, es donde luchan moros y cristianos. Este castillo y estos moros y estos cristianos y esta lucha, es lo que debe llevaros a hacer el viaje a la Sainza. Pero os aconsejo que antes de tomar este camino sigáis, por la carretera general, hasta Ginzo de Limia. Allí, sí vais con un hijo del país como Don Víctor Fernández…

Se quiebra el mágico cristal

Imaxe
Por R. Otero Pedrayo (La Región, 04/10/1958).
Artigo escrito con ocasión do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela.



Es violado el ensueño de la Antela. Doblarán a muerto por la Poesía y el triunfo de la economía las campanas sumergidas. ¿Dónde posarán los flamencos - rosa y las garzas, mensajeros de los deltas del Danubio y de los lagos, de pupilas nubladas de fantasía, del Báltico? No nos asustemos demasiado. Si en vez de nuestras ¨lagunas pontinas¨ se doran grandes trigales la ciudad ¨asulagada¨ queda en el fondo del alma de Galicia, en la geografía y paisaje, inaccesible a las máquinas, de su espíritu.
Quien mejor conoce la Antela, el ingeniero y arqueólogo Conde Balvís, se despidió de sus cristales melancólicos, de su suelo dormido, hace poco tiempo. Y su hermoso estudio suena, sin quererlo su autor, a elegía y canto de adioses.
No intentaremos ni aun el esquema de los intentos y trabajos anteriores. Sólo apuntaremos algunas. La Galicia del XIX pensó en rescatar dos…

Los patos de la laguna Antela

Por Jaime Solá (Vida Gallega, novembro 1913)
Incluido no artigo ¨Paseando Galicia (Notas de un viaje)¨.
Don Luis Conde Valvis es, desde hace muchos años, querido amigo mio. Hombre que vivió en el extrajero ¨luminoso¨ -en el cerebro de Europa: en Francia, en Alemania y en Suiza- más tiempo que en su rincón gallego, tiene esa distinción ilustrada, ese don de gentes, esa amabilidad, ese poder de atracción que caracteriza á los hombres estudiosos que contrastaron su saber en contacto con el mundo.
Le encontré en Orense. Yo me dirigia á la estación ferroviaria. Yba en demanda de paisajes magnificos de la agreste montaña ribereña. Buscaba el encanto de aquél rincón paradisiaco donde el Miño y el Sil confunden la plata de sus sierpes y entre besos de espuma ensayan la canción monorítmica, dulce y sentimental, con que á lo largo de su cauce de rocas cuentan después al cielo azul la casta historia de sus purisimos amores.
D. Luis Conde Valvis me pregunto por mi viaje.
-¿Hácia donde corre …

Viaje al país del Limia

Por Álvaro Cunqueiro (Vida Gallega, setembro 1955)
¿Voy, en verdad, a cruzar el río del olvido? Paso el Arnoya, en la noche, por Allariz. Esta me es un agua conocida: el Arnoya es un río de este mundo, una fuente de mi tierra carnal, y la beben aguas que yo conozco desde que nacen, las aguas del Miño; dulcemente se buscan, y, para las aguas del Miño, que de tan lejos y de tan parva cuna vienen, beber este ancho frescor y decir las tres sílabas, tan claras, tan transparentes y sabrosas, Arnoya, debe ser como poner, en los labios, un espejo. Y después, morir. Pero, ¿Y el Limia? Allariz se pierde en el silencio y en la noche: unas fugaces luces en la tenue cortina de la niebla. ¿Dónde las cuatro torres levantadas, sus ásperos condes, su soberbia militar? Debíamos oír relinchar caballos y chocar armas en la noche. Y el Alarico fundador debía, en la noche, con el manto real de la niebla por los hombros, galopar delante de nosotros hacia la laguna, donde la memoria se hace oscuro sueño y s…

El castillo de Sandiás

Por X.T. Chivite (La Región, 5/04/1970)
Triste estampa ofrece la fotografía de Sancho de este castillo de Sandiás que guarda el recuerdo de ¨cen historias que xa pasaron¨, como cantó Lamas.
Erguido sobre el alcor, domina la ancha tierra de la Limia, donde duerme soterrada la fabulosa Antioquía; y plana por la que discurre, cantando la historia, el río del Olvido que un día cruzó triunfante Bruto el Galaico.
La torre, desmochada en su cara Oeste, domina los caseríos de Santa Ana, Pegas y Castro, topónimo éste que recuerda la vieja acrópolis sobre la que se asentó el castillo.
Sus fuertes muros de más de tres metros y medio de espesor, son nostálgico testimonio del mundo medieval y nos traen la añoranza de don Fernando Alonso de Santana, Señor de Sandiás. Aquí luchó bravamente contra el Duque de Lancaster, quien tomó la fortaleza y destruyó parte del castillo.

¨DESCRICIÓN DA LAGOA DE ANTELA NO ANO 1931 POR UN VECIÑO DE SANDIÁS¨

“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos.
Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´A…

Sandiás Local Council (Ourense - Galicia - Spain)

Sandiás is situated in ¨A Limia¨ (a region located in the South of the province of Ourense). It has got an extension of 53 km2, a great part of those are drained fields from the Antela lagoon.
This is an agricultural area. Potatoes are the most important crop. Sand extractions are also important for local development.
History:
The first sign of earlier inhabitants are the remains of lake dwellings (palafittes) in the Antela lagoon.Due to the Roman milestones findings, it is known that a Roman road (Roman road XVIII or Via Nova) passed through the area, there is also a Roman mansion in the village of Sandiás. In the Middle Ages, its castle witnessed the struggle for the secession of Portugal, fights among the nobles and peasants riots. Portuguese and Southern Spanish pilgrims (Via the “Silver road”) went through Sandiás on their way to Santiago de Compostela (St. James’ way).
¨Europe was made on the pilgrim road to compostela¨
Goethe
Most important monuments:
St. Stephen´s church
An…

Os 400 anos do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2007)

Imaxe
Artigo publicado co gallo do 400 aniversario do remate do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2007) no número 1 da revista A Torre do Castro (2007).

O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, é esta a data que podemos contemplar no alto do retablo e que apareceu durante as obras de restauración a que foi sometido hai uns poucos anos e nas que o retablo recuperou as súas antigas cores e as pinturas orixinais.
O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure*, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor.
Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os innovadores aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco. Consta …

¨O Entroido no concello de Sandiás¨

Artigo publicado por Carmen Cuquejo no número 4 da revista A Torre do Castro, Ano 2010.
¨Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”

Urbano Santana

Revista Nós, xuño-setembro, 1931.

O Entroido é unha festa de benvida á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe un culto á terra e a súa fertilidade. O longo do…

Actividades lúdicas e formativas para os veciños e visitantes durante os meses de verán (Xullo, agosto e setembro)

O Concello de Sandiás organizou para o ano 2012 unha serie de actividades lúdicas e formativas para os veciños e visitantes durante os meses do verán (Xullo, agosto, setembro).
Como xa é tradicional durante os meses de verán o Concello de Sandiás organiza unha serie de actividades lúdicas e formativas para os veciños e para os visitantes. Durante o pasado mes de xullo tiveron lugar no colexio público de Sandiás os xogos organizados desde o programa ¨Lecer no rural¨ do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Achegar ós nenos que residen nos concellos de menos de 1.500 habitantes actividades lúdicas e culturais durante o verán é o obxectivo do programa "Lecer no rural", que a Deputación de Ourense pon en marcha na súa terceira edición. Un programa gratuíto para todos os concellos que o solicitan e que inclúe obradoiros e xogos tradicionais para que os nenos dos pequenos concellos poidan realizar actividades lúdicas durante o período estival. Os obxe…

540 anos do derrubamento da torre de Sandiás durante a revolta irmandiña (Primavera do 1467

Imaxe
Artigo publicado en varios medios e revistas co gallo do 540 aniversario da Revolta Irmandiña (1467-2007)  no ano 2007. A torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a revolta irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes dos pobos e das vilas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en Irmandades leais ó Rei, uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derruba-la maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e obrigar a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira fortaleza derrubada foi a de Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas que foi derrocada o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou vencendo ós irmandiños, facendo reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos vasalos que as derrubaran.
Imos aproveitar esta cele…