¨NA PROCURA DO TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨
¨Fai xa moitos anos, un grupo de veciños, tanto do Castro como das Pegas, movidos pola cobiza que un deles lle meteu nos miolos co libro dos tesouros ou ¨Ciprianillo¨, fartáronse de facer buratos por todo o outeiro, ata que cavando, cavando, descubriron o pozo do castelo de pura casualidade. Ó único que sacaron foi uns cantos xerros, ós que non deron a maior importancia, xa que eles ó que buscaban era o tesouro, pero como estaban baleiros, tiráronos de novo ou regaláronos. Algúns deles vinos nunha ocasión no Museo, pero non sei como estará referenciado¨.
Fonte: Esta lenda foi recollida por J.J. Cid (O Castro - Sandiás).
Comentarios
Publicar un comentario