¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(1)


¨A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón –decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cegos e van cantando responsos¨, etc… ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumenado (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pueblo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabendo así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi.¨ ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi para Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai resistencia para levantarse da cama e ir, danlle en tirar por´as uñas dos pés e non ten outro remedio que ir.¨

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(2)

¨Un mozo quitoulle a vela a unha, e, o confesarse, dixoll´o cura; éste mandouno ir esperar a procesión, o mismo sitio, e metería na man a que fose sin éla. Foina esperar, e detrás de todas viña unha sin vela, y´entonces meteullá na man, e dixéronlle: ¨suerte tuveches¨, e seguiron.

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(3)

¨O que anda na proceseón e lle pode meter a vela ou a cruz a´lguién, métenlla, y´as outras axúdanlle, en caso de que anden mal a gusto con éla¨. ¨D´unha vez un mozo, vindo da tuna, viu vir a proceseón; entón tumbouse, porque así non poden fagerlle nada, e decián o chegar ond´él, faguendo moito aire: ¨eiquí cheira a vivo, cheira¨… y´él contestaba: ¨cheira pan de nogueira¨…

“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)