¨DO NOSO SEÑOR E SAN PEDRO¨
¨Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitonos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis´…, máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨!ay, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deixe co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro¨…
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.
“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.
Comentarios
Publicar un comentario