Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de #Sandiás (Ourense) coa banda da Cruz Vermella e os seus primeiros voluntarios

Imaxe
#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de #Sandiás (Ourense) coa banda da Cruz Vermella e os seus primeiros voluntarios. Ó fondo da fotografía atopamos a primeira ambulancia deste posto de socorro, un Seat 1500 (3 de abril de 1982).

#Memoriarural 1985: Doacións das obras sociais da Caixa Rural e do Banco Pastor para o posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
#Memoriarural 1985: A finais do ano1985 a Cruz Vermella de Sandiás sustituia a ambulancia Talbot Orion por un Citroen GS, doado pola Caixa Rural de Ourense. Así mesmo, a obra social desta caixa doaba para as obras do posto de socorro de Sandiás 1.000.000 de ptas, mentres que o Banco Pastor doaba 250.000 ptas.

#Memoriarural 1983: Diploma de socio de honra do C.D. Sandiás de María Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás, na tempada 1983-1984

Imaxe

#Memoriarural 1996: Concedéselle a Medalla de Prata da Cruz Vermella Española á María Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás

Imaxe
Diploma da medalla de prata da Cruz Vermella Española de María Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás 
#Memoriarural 1996: O mes de marzo de 1996 concedéuselle a Medalla de Prata da Cruz Vermella Española á presidenta e principal impulsora da Asemblea Local e do posto de socorro da Cruz Vermella en Sandiás, María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás #Ourense). A medalla de prata impúxoselle tendo en conta as circunstancias que na presidenta da asemblea local de Sandiás concorrían, a súa entrega e os servizos humanitarios prestados a esta institución. 

#Memoriarural 1981: O Clube Deportivo Sandiás na súa primeira tempada (1981-1982).

Imaxe
#Memoriarural 1981: O Clube Deportivo Sandiás na súa primeira tempada (1981-1982).

#Memoriarural 1981: Na inauguración do seu campo, o C.D. Sandiás perdia no seu primeiro encontro fronte ó Montalegre (La Región, 1 de setembro de 1981).

Imaxe

#Memoriarural 1981: O presidente da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, inauguraba varias obras no concello de Sandiás

Imaxe
#Memoriarural 1981: O presidente da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, inauguraba varias obras no concello de Sandiás (La Región, 1 de setembro de 1981).

#Memoriarural 1983: Breve artigo sobre o partido Centristas de Ourense (1983-1984)

Imaxe
Foto da tarxeta de compromisario de María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás) do congreso extraordinario de Centristas de Ourense, celebrado en marzo de 1984, onde se acordou por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega.

Nesta ocasión, realicei un breve artigo do partido ó que pertenceu á alcadesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, logo da devacle da UCD nas eleccións xerais de 1982. Este artigo acabo de subilo á Galipedia, onde se pode ver: https://gl.wikipedia.org/wiki/Centristas_de_Ourense

Centristas de Ourense foi un partido activo na provincia de Ourense, xurdido da desintegración da UCD, despois da desfeita das eleccións xerais de 1982. Nacido e formado a primeiros de 1983 por antigos membros ourensáns de UCD, é dicir, alcaldes e concelleiros desta provincia. Na súa asemblea constituinte en marzo de 1983 foi elixido como presidente, Manuel Ubaldo Atanes Romero, e como secretario xeral, José Lage Lage, figurando como un militante máis, Eulog…