#Memoriarural 1983: Breve artigo sobre o partido Centristas de Ourense (1983-1984)


Foto da tarxeta de compromisario de María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás) do congreso extraordinario de Centristas de Ourense, celebrado en marzo de 1984, onde se acordou por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega.


Nesta ocasión, realicei un breve artigo do partido ó que pertenceu á alcadesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, logo da devacle da UCD nas eleccións xerais de 1982. Este artigo acabo de subilo á Galipedia, onde se pode ver: https://gl.wikipedia.org/wiki/Centristas_de_Ourense

Centristas de Ourense foi un partido activo na provincia de Ourense,  xurdido da desintegración da UCD, despois da desfeita das eleccións xerais de 1982. Nacido e formado a primeiros de 1983 por antigos membros ourensáns de UCD, é dicir, alcaldes e concelleiros desta provincia. Na súa asemblea constituinte en marzo de 1983 foi elixido como presidente, Manuel Ubaldo Atanes Romero, e como secretario xeral, José Lage Lage, figurando como un militante máis, Eulogio Gómez Franqueira.

Nas eleccións municipais de 1983, Centristas de Ourense, concurriu en coalición conxuntamente co Partido Galeguista, excentristas doutras provincias e a Converxencia Galega de Independentes,  baixo a denominación de Coalición Galega.

Esta coalición logrou en maio de 1983 na provincia de Ourense, 63 alcaldes de 92 posibles, así como a maioría na Deputación de Ourense (13 deputados).

Na asemblea de xuño de 1983 nomeouse como secretario xeral, Santos Oujo Bello, en substitución de José Lage Lage.

No congreso extraordinario de Centristas de Ourense en marzo de 1984, acordouse por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega. Na mesa deste congreso, ademais do presidente e o secretario xeral anteriormente nomeados, aparecían: Victorino Nuñez Rodríguez, presidente da Deputación de Ourense, Senén Bernárdez  Álvarez, senador e deputado da Cámara galega, Aurelio Miras Portugal , deputado provincial, e Manuel Vázquez Outeiriño (alcalde da Merca) en representación dos alcaldes da provincia.

Coa escisión de Coalición Galega en marzo de 1985, gran parte dos seus membros, entre eles 34 alcaldes,  integrouse no novo partido creado por Victorino Núñez, Centristas de Galicia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)