Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2010

Os máis de 400 anos do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2010)

Imaxe
O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, é esta a data que podemos contemplar no alto do retablo e que apareceu durante as obras de restauración a que foi sometido hai uns poucos anos e nas que o retablo recuperou as súas antigas cores e as pinturas orixinais.

O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure*, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor.

Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os innovadores aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco.

Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese …

¨Antioquia¨

Imaxe
"No lugar que oxe ocupa a lagoa de Antela houbo, n-outros tempos unha cidade chamada Antioquia. Era a meirande que se conecia e a máis rica. Pro a súa riqueza e o seu grandor foron a sua perda. Trocouse soberbia. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén.
Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar ós xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquia na figura dun esmolante e tentou a caridade dos antioquiaus. Percorreu a cidade enteira da primeira á últema casa pedindo esmola, e non achóu a ninguén que xiquera lle dixese: ¨Deus te axude¨. Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado, entre unhos carballos viu unha casarella ca porta suchouza e unha velliña, mui velliña, agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba qu-aquecía. Xesús arrimouse e pregou:
-Unha esmola pol-o amor de Deus.
-Pase quen sexa, dixo a velliña.
E Xesús pasou. E a velliña sentouno ó lume, e muxiu unha cabra que tiña e déulle unha cunca de leite …

O primeiro intento de desecamento da lagoa de Antela pola Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765)

Para os ilustrados do século XVIII, a agricultura é o mais sólido fundamento do progreso económico e social, por iso unha das súas principais preocupacións vai ser a mellora da agricultura. Os ilustrados analizaran continuamente a situación da agricultura galega, sobre todo os atrancos para o desenvolvemento desta. Proba desde interese vai ser a creación, en 1765, da Academia de Agricultura de Galicia na Coruña. O seu principal obxectivo vai ser ¨investiga-las causas da decadencia da agricultura nas sete provincias do reino de Galicia¨. Unha das principais preocupacións da ilustración é a recuperación para o labradío das terras improdutivas, polo que non podían pasarlles desapercibidas as terras da Limia, asolagadas pola lagoa de Antela. Lamentablemente, nesta iniciativa e noutras, a nobreza, que era a que tiña o dominio das terras, non tiña ningún interese en realizar cambios nin modernización ningunha, polo que a Academia tivo unha escasa repercusión, desaparecendo no ano 1774. Par…

A necesidade da creación dun ¨Lobby¨da Galicia interior ou rural

Imaxe
A vila de Sandiás desde a pista das Pegas
A provincia de Ourense é sen dubida un caso moi representativo dos problemas que afronta a cohesión territorial en toda a Unión Europa. A cohesión territorial significa o desenvolvemento equilibrado para tódolos territorios, e o acceso xeneralizado a un mínimo nivel de servizos de interese xeral para tódolos cidadáns deses territorios. Para que exista cohesión territorial é necesario corrixir o desequilibrio territorial que afecta ás provincias da Galicia interior, principalmente Ourense. O emprego por parte da Unión Europea de indicadores a nivel rexional (NUTS II) non fai máis que maquillar unha dura realidade, que achanta o desequilibrio existente entre a Galicia costeira e a Galicia interior.


Índice de envellecemento[1]
Galicia (NUTS II): 136,7
Ourense (NUTS III): 209,8
Idade media[2]
Galicia: 44,6
Ourense: 48,3
% PIB Rexional[3]
Galicia: 100
Ourense: 12
Taxa bruta natalidade[4]
Galicia: 7,8
Ourense: 6,1
Dispersión demográfica[5]
(% poboación en municipi…

A importancia das redes

Imaxe
A torre do Castro

Dende a nosa asociación cultural somos conscientes de que existe unha clara demanda dos chamados bens sociais (medio ambiente, historia e cultura), e estes bens, na súa maioría son patrimonio do noso rural. Na posesión destes bens pode estar o futuro deste medio. Mais para que sexan útiles han de ser xestionados con criterios de sostibilidade, así como dotalos dunha visibilidade, cousa que non é doada para os pequenos concellos do interior da nosa terra.

Obviamente, tamén somos conscientes de que un concello do rural do interior de Galicia non pode promocionarse por si só, senón que ten que apoiarse nunha rede de concellos que busquen un mesmo fin, como por exemplo, unha rede de concellos que busquen promocionar e pór en valor unha parte do seu patrimonio histórico-artístico para poder con iso realizar accións de promoción conxuntas, e así relanzar as zonas rurais.

Hai que lembrar que estamos a falar dun mundo rural vivo, que neste intre mantén unha personalidade propia…

Alumnos da Universidade de Vigo coñecerán en Sandiás a historia da lagoa de Antela

Imaxe
Vista aérea da lagoa de Antela antes do seu desecamento

Autocolante da Casa da Lagoa de Antela co eslogan ¨Vennos descubrir¨

Un total de 150 alumnos do Campus de Ourense visitarán a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) e as areeiras recuperadas no concello de Sandiás.
Un primeiro grupo composto por 50 alumnos da Universidade de Vigo visitará as instalacións da Casa da Lagoa en Sandiás o vindeiro sábado 10 de abril, máis adiante o resto dos alumnos visitarana en maio, onde coñecerán de primeira man a historia do desecamento, o antes e o despois, dunha das lagoas máis grandes do sur de Europa.
A Casa da Lagoa de Antela, situada no centro da vila de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, é unha iniciativa do Concello de Sandiás posta en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamiza-los núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turístico”. Son cinco salas de exposición máis outras …

Os humidais en España

Imaxe
Areeira recuperada en Sandiás

En España no último medio século desapareceron máis do 50 % dos humidais que existían. A desecación dos terreos para cultivos agrícolas e a continua explotación foron algúns dos principais factores que causaron a degradación destes. Os humidais presentan condicións idóneas para que se asenten diferentes especies de animais, tanto vertebrados (anfibios,réptiles, peixes, mamíferos e, sobre todo, aves acuáticas), como invertebrados. De toda a fauna dos humidais son as aves as máis características. O 12 % das especies de aves mundialmente ameazadas dependen nalgunha fase da súa vida dos humidais e destas o 57 % habitan en lagos ou encoros, o 36 % en ríos e regatos e o resto en turbeiras, marismas e lagoas.
A Lagoa de Antela

Na comarca da Limia existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 km cadrados –como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica, to…