Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Vista aérea de Sandiás no voo americano de 1956

Imaxe
Vista aérea de Sandiás no voo americano de 1956. No Campo de San Nicolás pódese observar a Casa Consistorial recen feita. O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) puxo a disposición de tódolos interesados, a través da súa Fototeca Dixital,  fotos aéreas de toda España dos anos 1946, 1956, 1973, etc.
Máis información na web da Fototeca Dixital do IXN:
http://fototeca.cnig.es/

II ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA. RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS)

Imaxe
II ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA
RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS) 13 E 14 DE SETEMBRO DE 2014 DÍA 13, SÁBADO: BAÑOS DE RIO CALDO - PORTOQUINTELA (18 KM). DÍA 14, DOMINGO: PORTOQUINTELA - SANDIÁS (28 KM) PRAZO INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2014 MÁIS INFORMACIÓN: http://fundacionaqvianova.com/noticias/noticias.php?action=fullnews&id=54 CORREO ELECTRÓNICO: antonio.rodriguez.colmenero@usc.es TELÉFONO: 690 86 62 38 /616 84 19 43

O miliario de Zadagós

Imaxe
Este miliario (Milla LXXI da Vía Nova ou XVIII) dedicouse ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no ano 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e unha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos anos 90, conseguiu a cesión polo seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.

A colleita etnógrafica de Urbano Santana (¨No fondo dos espellos¨. X.L. Méndez Ferrín)

Imaxe
O escritor X .L. Méndez Ferrín publicou o sabado na súa sección "No fondo dos espellos" do suplemento "El Sábado" de Faro de Vigo (23/08/2014) a súa opinión sobre o número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, no que aparece a colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós de 1931 co seu ¨Resume xeral do folklore de Sandiás¨. Podede-la ver eiqui.
¨Moitas grazas polo envío da revista. Ela, na súa totalidade, resulta sumamente interesante, tanto polos seus contidos, coma polo que se chamaba ¨presentación¨ e agora ¨deseño¨. Ten razón o seu director, Xavier Feixóo, en  concederlle moita importancia á recolleita etnográfica que fixera un mozo de Sandiás, e que foi publicada na revista Nós de Ourense na súa sección ¨Arquivo filolóxico e etnográfico da Galiza¨ en 1931. Pena que en cada unha das freguesías de Galicia non houbese un Urbano Santana, mozo e galeguista, que ordenase de recoller o corpus etnográfico, ou …

O home-lobo na Fontela

Imaxe
¨Hay poucos anos, no 1924, iban dous homes pol-a estrada de Castela car´a Xinzo, baixando pol-a costa da Fontela, perto de Piñeira de Arcos, mismo entrando na Limia, e saíulles un lobo ô camiño, eso qu´´ainda era día. En toda aquela terra e ainda n´Ourense falouse moito d´aquelo, porque había tempo que non se lembraba qu´´andiveran os lobos tan bastos pra baixaren â estrada, e mais tan pasaxeira com´a aquela é. Un dos homes levaba unha carabina cargada e ô ver o lobo quixolle disparar, mais o tiro non saleu. O feito interpretouse no senso de qu´o lobo aquí era un que tiña a fada*…¨.
Vicente Risco ¨Un caso de Lycantropía (O home-lobo)¨ Discurso lido o día 23 de febreiro do 1929 na súa recepción pública na Real Academia Galega.
*Unha fada é unha maldición.

Homenaxe do Concello de Sandiás á revista Nós

Imaxe
Cuberta dunha das revistas onde aparece o artigo de Urbano Santana (O número 93). A Cuberta da revista Nós é un dos deseños máis coñecidos de Castelao.  O número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, recupera os traballos  sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da revista Nós en 1931. Coa intención de homenaxear á xeración da revista Nós, a revista A Torre do Castro recupera os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc.,  da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931, cumprindo desta maneira cun dos principais obxectivos desta revista, a salvagarda e a promoción do patrimonio material e  inmaterial do concello de Sandiás e da Limia. Neste novo número recuperouse, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía sobre o concello de Sandiás , que xa atesoura máis de 80 anos. Trátase da colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós a través do seu ¨R…

O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010)

Imaxe
O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro42010
Neste número contamos cun artigo do escritorVicente Riscopublicado no desaparecido xornalLa Zarpaen 1921 no que se nos describe un verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado da torre do Castro á Xunta de Galicia, recorremos a un pequeno artigo do historiadorXesús Taboada Chiviterelacionado co castelo, que foi publicado en 1970 no xornalLa Región. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man dalgunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido no concello de Sandiás da nosa colaboradora Carmen Cuquejo.
Dedicamos tamén un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Primeira Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar o 30 de maio de 2010. Rematamos este número cunha mostra de vellas fotografías que xa forman parte da galería de imaxes da memo…

O número 5 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2011)

Imaxe
O número 5 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2011): http://issuu.com/torredocastro/docs/www.sandias.es
Neste número, como xa é habitual, contamos cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres:Domingo Fontán. No artigo de Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano¨La Exposición Compostelana¨, o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. 
Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre do Castro que tivo…

O número 6 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2012)

Imaxe
O número 6 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2012): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro2012
Neste novo número, como xa é habitual, botamos man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela de xornalistas dos anos 20 como o viguésJaime Solá, fundador da revistaVida Gallega, e de grandes persoeiros, como é o caso deÁlvaro Cunqueiro, que nos fala nun artigo, moi poético, dunha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continuamos coa segunda parte do artigo deDomingo Fontánde 1858, extraído do xornal compostelán ¨La Exposición Compostelana¨, no que se nos trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola.
Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda (A Coruña), no que se lles mostrou o complexo proceso de procesamento do lixo, afondando con iso na cola…

O número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2013)

Imaxe
O número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2013): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro2013
Neste novo número,  contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista Vida Gallega. No primeiro deles,Jaime Solá,o fundador da revista,  fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático polifacético,Heliodoro Gallego, e membro da Sociedade Galega de Historia Natural de Santiago de Compostela, descríbenos a lagoa de Antela.

Falamos así mesmo, da nova sinalización turística da ruta das Torres da Limia, para o que contamos coa información recompilada nos paneis explicativos das tres torres aínda en pé na nosa comarca. Dedicamos, como xa é habitual,  un espazo ao deporte cunhas páxinas dedicadas á cuarta edición da Carreira Popular Torre do Castro, carreira que forma xa parte das probas clásicas que se celebran n…

Ruta das Torres da Limia - A Torre do Castro (Sandiás)

Imaxe
Paneis explicativos nas tres torres da Limia: O Castro (Sandiás), A Pena (Xinzo de Limia), e Porqueira. Unha das últimas actuacións contempladas no Proxecto ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.

O Catastro de Ensenada na parroquia de Santo Estevo de Sandiás en 1752

Imaxe
Artigo sobre oCatastro de Ensenadana parroquia de Santo Estevo de Sandiás en 1752 publicado no Nº 11 da revistaLETHES(Cadernos Culturais do Limia - Inverno 2012).
No seguinte ligazón:  http://issuu.com/torredocastro/docs/catastroensenadasandias