O número 5 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2011)
O número 5 da revista cultural e
turística do Concello
de Sandiás , A Torre do
Castro, en PDF (Ano 2011): http://issuu.com/torredocastro/docs/www.sandias.es
Neste número, como xa é habitual, contamos cunha
transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros
máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres: Domingo Fontán. No artigo de
Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano ¨La Exposición Compostelana ¨,
o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa
dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda
metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o
seu aproveitamento agrícola.
Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de
Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no
número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda
Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar coincidindo co Día das Letras
Galegas, o 17 de maio de 2011. Rematamos este número, cunha mostra de vellas
fotografías, neste caso xentileza da veciña de Sandiás, María Fe Fernández, que
entran a formar parte da galería de imaxes da memoria do noso concello.
Comentarios
Publicar un comentario