O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010)
O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás ,
A Torre do Castro, en PDF (Ano
2010): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro42010
Neste número contamos cun artigo do escritor Vicente Risco publicado no desaparecido xornal La Zarpa en 1921 no que se nos describe un
verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado da
torre do Castro á Xunta de Galicia, recorremos a un pequeno artigo do
historiador Xesús Taboada
Chivite relacionado co
castelo, que foi publicado en 1970 no xornal La Región. No
apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man dalgunhas das lendas
sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido no concello de Sandiás
da nosa colaboradora Carmen Cuquejo.
Dedicamos tamén un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Primeira Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar o 30 de maio de 2010. Rematamos este número cunha mostra de vellas fotografías que xa forman parte da galería de imaxes da memoria colectiva do noso concello.
Comentarios
Publicar un comentario