O número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2013)
O número 7 da revista cultural e
turística do Concello
de Sandiás , A Torre do Castro en PDF (Ano
2013):
Neste novo número, contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de
Antela publicados na revista Vida Gallega. No primeiro deles, Jaime
Solá, o fundador da
revista, fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do
potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o
matemático polifacético, Heliodoro
Gallego, e membro da Sociedade Galega de Historia Natural de Santiago de
Compostela, descríbenos a lagoa de Antela.
Falamos así mesmo, da nova sinalización turística da ruta das Torres da Limia,
para o que contamos coa información recompilada nos paneis explicativos das
tres torres aínda en pé na nosa comarca. Dedicamos, como xa é habitual,
un espazo ao deporte cunhas páxinas dedicadas á cuarta edición da Carreira
Popular Torre do Castro, carreira que forma xa parte das probas clásicas que se
celebran na provincia de Ourense.
Para rematar este número, expomos unha mostra de vellas fotografías dos veciños
do concello de
Sandiás , así como un dos Exemplos recitados á Virxe nos anos
corenta na parroquia de Santo Estevo de Sandiás, recompiladas entre as veciñas
que acudiron ás actividades de animación sociocultural celebradas nos centros
sociais das tres parroquias do Concello de Sandiás durante o verán do ano 2012.
Comentarios
Publicar un comentario