Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

#Memoriarural: Traxectoria política de María Concepción Méndez (Alcaldesa de Sandiás desde 1979 ata 2015)

Traxectoria de María Concepción Méndez Gándara (Alcaldesa de Sandiás desde 1979 ata 2015) que subín como artigo da Galipedia:  https://gl.wikipedia.org/wiki/Concepci%C3%B3n_M%C3%A9ndez_G%C3%A1ndara
María Concepción Méndez Gándara é unha mestra e política galega do PPdeG. Traxectoria
Mestra de profesión, foi alcaldesa do concello de Sandiás durante 36 anos, dende as primeiras eleccións democráticas ata o ano 2015. Sendo unha das pioneiras en Galicia, no que ó servizo público se refire, xa que foi unha das 104 alcaldesas de España elixidas o 3 abril de 1979. Delas soamente 7 en Galicia, 6 na provincia de Ourense. Entrou en política no ano 1979 da man de Euloxio Gómez Franqueira e Pío Cabanillas Gallas, presentándose pola UCD de Sandiás nas eleccións de abril de 1979, resultando elixida por maioría absoluta. Delegada na III Asamblea provincial da UCD (1980) e compromisaria nas diferentes asembleas provinciais da UCD de Ourense. Así como, no II Congreso Nacional da UCD en Palma de Mallorca, …

#Memoriarural 1982: Os alcaldes da Limia expuñan ó ministro de Xustiza, Pío Cabanillas, as necesidades da comarca en materia xudicial

Imaxe
#Memoriarural 1982: O 8 de febreiro de 1982, o presidente da Deputación, Victorino Núñez, e os alcaldes de Sandiás, Porqueira, Os Blancos, Baltar, Sarreaus,Trasmiras, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia reunianse co daquela Ministro de Xustiza, Pío Cabanillas (deputado pola UCD de Ourense), para exporlle as necesidades da Limia en materia xudicial. No centro, de loito, podemos ver á alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, a súa esquerda o alcalde de Xinzo de Limia, Isaac Vila, etc. (La Región, 9 de febreiro de 1982).

#Memoria rural 1982: A Cruz Vermella de Sandiás recaudaba máis de 58.000 ptas para a súa obra

Imaxe
#Memoria rural 1982: En 1982 a Cruz Vermella de Sandiás recaudaba máis de 58.000 ptas para a súa obra. A principios dos anos 80,  os voluntarios  da Asamblea da Cruz vermella de Sandiás recorrían as feiras de Xinzo (14 e 27), as súas festas e festas cercanas (A Saínza),  coas ¨huchas¨ para recaudar (La Región, 18 de agosto de 1982).

#Memoriarural 1982: o templo de santo Estevo de Sandiás (S.XVI) declarouse monumento nacional no ano 1982.

Imaxe
#Memoriarural 1982: o templo de santo Estevo de Sandiás (S.XVI) declarouse monumento nacional no ano 1982. No primeiro trimestre do ano 1982, iniciáronse os tramites para a declaración de monumento nacional da igrexa, a reitoral e o cruceiro de Santo Estevo de Sandiás. Así mesmo, restaurouse o forno de Sandiás, forno situado moi preto da igrexa de santo Estevo (La Región, 21 de marzo de 1982).

#Memoriarural 1982: o 3 de abril de 1982 inaugurouse o posto permanente da Cruz Vermella de Sandiás, o noveno da provincia de Ourense.

Imaxe
#Memoriarural 1982: o 3 de abril de 1982 inaugurouse o posto permanente da Cruz Vermella de Sandiás, o noveno da provincia de Ourense. A inauguración realizouse coa presenza do gobernador civil da provincia, don Francisco Javier Borrego, o presidente da asemblea provincial da Cruz Vermella, don Alfonso Sánchez Fernández, e o coronel, primeiro xefe da Brigada, don Manuel González. Así como, a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara, un deputado provincial en representación do presidente da Deputación de Ourense, os alcaldes da comarca da Limia, xefes e oficiais da Cruz Vermella de Ourense, membros da asemblea provincial, etc. (La Región, 4 de abril de 1982)