Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2011

Historia de Sandiás (Século XIX)

• 1804 - Publicación do libro Descripción económica del Reyno de Galicia de Lucas Labrada. Nel fálase dos intentos dos veciños para romper os penedos de Ponte Liñares para mellorar o desaugadoiro da lagoa de Antela, noméanos tamén os cultivos que predominan na Limia: centeo, algún millo, moito pasto e abundancia de gando.

• Xaneiro - Febreiro 1809 – Invasión francesa (1808-1812) – O Camiño de Allariz (23 xaneiro 1809) a Xinzo foi un dos máis duros da guerra en Galicia, os invasores tiverón entre 500 e 600 baixas, e os defensores non máis de 400. Combates na ponte da lagoa de Antela. As tropas do Mariscal Soult atravesan A Limia causando grandes represalias polas accións das accións guerrilleiras.

• 1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos car…

Perfil socioeconómico do concello de Sandiás

Extraida da web: www.culturapopulardesandias.com Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.466 habitantes (INE, Padrón municipal de habitantes ano 2009) distribuída en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia (Couso de Limia, Cerredelo, Vilariño das Poldras), Piñeira de Arcos (Piñeira de Arcos, Arcos, A Chousela, A Corga, A Fontela, A Ladeira, A Lavandeira, Novaiño, Zadagós) e Sandiás (Sandiás, As Pegas, Coalloso, Cardeita, Santa Ana, O Castro).

É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, os seus principais cultivos son a pataca e os cereais. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes, chans, dedicadas a cultivos agrícolas. Proba da súa orientación cara a cultivos agrícolas é o aproveitamento do 50% das terras labradas. concello de Sandiás xunto co de Xinzo de Limia, abranguen o 88% do total da superficie comarcal dedicada ó culti…

Descrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

extraida da web de cultura popular do concello de Sandiás: www.culturapopulardesandias.com
“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos.

Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´A…

Historia de Sandiás (Do S. XVIII ó XIX)

• 1710 – O capitán xeral de Galicia, o marqués de Risbourg, establécese nas cercanias da torre do Castro, actuando esta como punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a varios puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715).

• 1712 – Ano da construcción da capela do pazo do Espido (As Pegas), o pazo é anterior, tal e como deducimos da data que aparece no portalón 16(...)6.

• 1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada.

-A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas.
-Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana Marra…

Historia de Sandiás (Do S. XVI ó XVIII)

Extraido da web: http://www.culturapopulardesandias.com/ Antes de 1520 – Construcción da igrexa de Santo Estevo de Sandiás polo mestre de obras Bartolomé de Nosendo, que traballara anteriormente no mosteiro de Xunqueira de Ambia.

• 1520 – Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas.

• 1535 – No Repartimento do Servicio da S.M. da provincia de Ourense aparecen as dúas parroquias: Piñeira de Arcos, Sandiás.

• 1550 – Publicación do libro Descrición del Reyno de Galizia do Licenciado Molina.

“E en inverno, unha legua arredor deste mosteiro (Bon Xesús de Trandeiras) é todo unha lagoa de auga, porque como a terra é tan chan recolle en sí tódalas augas sen poder sair tan presto. E nalgunhas partes prantaronse moitas árbores postos polos camiños moi ó compas para guiar os camiñantes, porque doutra maneira perecerían moitos”.

“Sandiás, preto de Allariz…