Historia de Sandiás (Do S. XVI ó XVIII)

Antes de 1520 – Construcción da igrexa de Santo Estevo de Sandiás polo mestre de obras Bartolomé de Nosendo, que traballara anteriormente no mosteiro de Xunqueira de Ambia.

• 1520 – Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas.

• 1535 – No Repartimento do Servicio da S.M. da provincia de Ourense aparecen as dúas parroquias: Piñeira de Arcos, Sandiás.

• 1550 – Publicación do libro Descrición del Reyno de Galizia do Licenciado Molina.

“E en inverno, unha legua arredor deste mosteiro (Bon Xesús de Trandeiras) é todo unha lagoa de auga, porque como a terra é tan chan recolle en sí tódalas augas sen poder sair tan presto. E nalgunhas partes prantaronse moitas árbores postos polos camiños moi ó compas para guiar os camiñantes, porque doutra maneira perecerían moitos”.

“Sandiás, preto de Allariz...”
aparece como unha das fortalezas derrubadas polos irmandiños.


• 1552 – Construcción do pazo do Penedo (Vilariño das Poldras), remodelado no século S. XVIII (1758).

• 1571 - Respostas do Reino ó interrogatorio de Felipe II para o reparto de moriscos granadino.

Poboación do Decenazgo:
• San Juan de Pineria Darcos - 55 veciños.
• Santistevan de Sandianes - 70 veciños.
• Santa María de Cousso - 70 veciños.
• Santiago de Coedo - 16 veciños.
• Sáa - 13 veciños
• San Andre de Carraçones - 13 veciños.

• 1580 – Anexión, por parte de Felipe II, do Reino de Portugal. Xoán de Santana, veciño de Sandiás, mordomo do conde de Monterrei, acompaña ó conde na campaña cunha mesnada de 250 homes mantidos e armados á súa conta. Felipe II concédelle favores en agradecemento da axuda prestada.

• 1595 – Embarque de Alonso de Santana, fillo de Xoán de Santana, cara ás Indias. Figura no Catálogo de pasaxeiros ás Indias (século XVI) como criado do doutor Hernán Arias de Ugarte, oidor da Audiencia de Panamá. Ese mesmo ano embarca o conde de Monterrei, D. Gaspar de Zúñiga e Acevedo (1560-1606) para tomar posesión como vicerrei de Nova España (1595-1603) e, posteriormente, vicerrei de Perú (1604-1606). Figura no séquito outro veciño de Sandiás: Benito de Sande Yanes.

• 1603-1607 – Cando é señor de Sandiás, D. Pedro Pimentel, marqués de Viana, realízase a construcción do retablo da igrexa de Santo Estevo de Sandiás, traballo que se lle encarga ó entallador Xoán Fernández O Mozo, o pintor portugués Lourenço Pardo, e ó escultor Francisco de Moure.

•1607 - Alonso de Santana figura como escribán de número da Imperial Vila de Potosí.

•1622 - Embarque de Alonso de Santana Vilariño, natural de Santana, Fregresía de Santo Estevo, cara ás Indias.

•1623 - Execución de Fidalguía de Xoán e Alonso de Santana (residente en Potosí), irmáns, na Real Cancillería de Valladolid.

• 1630-1640 – Xeneralízase o cultivo do millo en Galicia, inda que tarda bastante en se introducir nas labranzas do interior de Ourense, onde nunca se adaptou plenamente.

• O que fora veciño de Sandiás, Alonso de Santana, escribán de número e cabildo, alcalde maior da Casa da Moeda de Potosí (virreinato do Perú, actual Bolivia ) e alguacil maior da Santa Inquisición, é un dos benfeitores, conxuntamente con Pedro de Mondragón de Azcarate, do colexio da Compañia de Xesús de Ourense, construído anexo á igrexa de Santa Eufemia (1653).

•1636 - Xoán de Santana e Otalora, fillo de Alonso de Santana, acepta o cargo de Patrón do Colexio dos Xesuitas en Ourense.

•1641-1645 - Na relación de familiares do Santo Oficio (Informadores da Inquisición) que hai no Reino de Galicia aparecen:

- Alonso de Santana Vilariño (Santa Ana - Sandiás) e Xoán Añel (avogado, familiar e consultor do Santo Oficio) (O Telleiro - Couso).

•1664 - Diego Añel de Sandiás, fillo de Xoán Añel, aparece como Colexial de Fonseca (A antiga Universidade de Santiago). Para máis información:

http://www.xenealoxia.org/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&t=3895

•1667 – Combate contra continxentes portugueses entre Bande e Sandiás na guerra hispano-lusitana (1640-1668). O peso demográfico e económico das longas guerras con Portugal caeu case exclusivamente sobre as zonas fronteirizas.

• Último tercio do século XVII - Construcción do pazo do Telleiro (Couso de Limia), inda que os seus elementos máis característicos son do século XVIII.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)