Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2010

Sandiás. ¨No corazón da Antela¨

O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de Ourense formando parte da comarca natural da Limia. Ten unha superficie de 53 Km2 e ocupa, en gran parte, as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambia, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con Vilar de Santos.

As principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52 (Saída 202), que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste.

A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6 Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de Allariz.


Distancia coas principais cidades por estrada: A Coruña (177 Km), O Ferrol (190 Km), Lugo (119 km), Pontevedra (115 Km), Santiago (129 Km), Vigo (106 Km).

O entroido en Sandiás

Por Carmen Cuquejo (www.culturapopulardesandias.com)

¨Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨

“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931


O Entroido é unha festa de benvida á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe un culto á terra e a súa fertilidade. O longo dos séculos o Entroido constituíu unha impor…

Decrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos.

Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´Arr…

A lagoa de Antela

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros.



A lagoa de Antela en 1960. En primeiro termo, a ponte das Poldras. O fondo a estrada de Villacastín a Vigo, actual N-525.

A depresión da Limia tivo a súa orixe durante o Terciario como consecuencia dun amplo xogo de bloques. Uns ascenderon, dando lugar a diversas serras, como as de Queixa ou San Mamede, outras afundironse e derón lugar a un conxunto de depresións tectónicas, como as de Maceda, A Limia ou Monterrei, que bordean polo oeste, sudoeste e sur, respectivamente, as citadas serras.

Ó longo do Terciario, producto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela, nas que, durante o Cuaternario, se foran amoreando sedimentos. A…

¨Límica¨

Por Florentino Cuevillas (La Región, anos 50). Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás: http://www.culturapopulardesandias.com/ Fuéramos aquella tarde a Montederramo con el propósito de subir a la mañana siguiente a la cima de Sieiro. Ibamos ilusionados con la ilusión de la sierra y de los dilatados horizontes que ella domina, y pensábamos en contemplar la Limia a nuestros pies, con su laguna y sus tres castillos, y el surco verde del valle del Arnoya, y las vegas amplias del valle del Támega; y más lejos los lomos y las cumbres de las grandes sierras: de Queixa y del Caurel y Pena Trevinca y del Montouto. Pero por la noche la lluvia golpeaba furiosa los cristales de nuestros dormitorios, y por la mañana seguía lloviendo y una niebla blanca y espesa flotaba en las alturas de San Mamede.

Hubo que renunciar a subir hasta allí, hubo que renunciar a las bellas perspectivas, a la capilla del santo ermitaño y a la linfa de la fuente que nace cerca de sus muros. Y como pecador…

Galería de imaxes do concello de Sandiás

Galeria de imaxes do concello de Sandiás: http://www.flickr.com/photos/limiao/

¨Na Limia¨

Por Vicente Risco. (La Zarpa, 2/6/1921). Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás: http://www.culturapopulardesandias.com/ -I- D´Ourense para Xinzo sáles´as cinco da tarde n-un automóvele da liña de Verín, onde van señoritas moi enchapeiradas e descotadas que van para Cabreiroá. Algunhas son as que se´esmourecen con todo pra figurar que lles deu o vento mareiro. Tamén van rapaces con gabardina e Kodak. Saen tres coches, de maneira que sí se non colle n-un, agárdase pol-o outro. Inda qu´o Quintana diga que non hai sitio, non hai que desanimar; ten un pacencia y-agarda, y-o cabo, métes´un en calquer lado.O teósofo Roso de Luna ten un aforismo que sacou da sua esperencia d´acomodal-os moebles d´unha familia regular, nunha d´aquelas grileiras qu´en Madrid chaman casas. O aforismo dí: ¨Todo colle en todo¨. E com´o conto do alifante y-a formiga… Mais para se convencere, hai que vel-os automóvels de Galiza. - II -
A Limia é unha terra que ten leenda, tanta leenda que hastra din qu…

¨O castelo de Sandiás"

Por Xesús Taboada Chivite (La Región, 05/04/1970). Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás: http://www.culturapopulardesandias.com/ Tradución ó galego do orixinal en castelán. Triste estampa ofrece a fotografía de Sancho deste castelo de Sandiás que garda a lembranza de ¨cen historias que xa pasaron¨, como cantou Lamas.

Erguido sobre o outeiro, domina a ancha terra da Limia, onde durme soterrada a fabulosa Antioquía; a chaira pola que descorre, cantando a historia, o río do Esquecemento que un día cruzou triunfante Bruto O Galaico.

A torre, desmouchada na súa cara Oeste, domina os casaríos de Santa Ana, As Pegas e O Castro, topónimo este que lembra a vella acrópole sobre a que se asentou o castelo.

Os seus fortes muros de máis de tres metros e medio de grosor, son nostálxica testemuña do mundo medieval e tráenos a saudade de don Fernando Alonso de Santana, Señor de Sandiás. Aquí loitou bravamente contra o Duque de Lancaster, quen tomou a fortaleza e destruíu parte do caste…

¨Cousas da Limia"

Por Vicente Risco (Vida Gallega, xullo 1957) Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás: http://www.culturapopulardesandias.com/ Tradución do orixinal en castelán.
O desecamento da lagoa de Antela, vella ilusión dos economistas do século XVIII, recollida despois polo Deán Bedoya e por outros, da actualidade a unha das comarcas máis definidas e
máis fermosas de Galicia.

Teño pasado longas tempadas á beira daquela gran chaira, na Pereira, parroquia de San Pedro de Sabariz, concello de Rairiz de Veiga –Rairiz, Sabariz, nomes xermánicos; predominio de cabeleiras loiras e ollos claros; afección a montar cabalos e eguas longas, de gran alzada: as bestas limiás. No período de entre guerras, aínda levaban os homes os seus chalecos con mangas, tecidos e feitos na casa, encarnados e rebereteados de trenzado negro, e os seus chapeus tecidos por eles en palla centea. Botabamos longas parolas nun comercio deses de todo, ó comezo da noite, polo tempo das mallas – facíanas a máquina, con …

"Se quiebra el mágico cristal"

Por R. Otero Pedrayo (La Región, 04/10/1958). Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás: http://www.culturapopulardesandias.com/

Es violado el ensueño de la Antela. Doblarán a muerto por la Poesía y el triunfo de la economía las campanas sumergidas. ¿Dónde posarán los flamencos - rosa y las garzas, mensajeros de los deltas del Danubio y de los lagos, de pupilas nubladas de fantasía, del Báltico? No nos asustemos demasiado. Si en vez de nuestras ¨lagunas pontinas¨ se doran grandes trigales la ciudad ¨asulagada¨ queda en el fondo del alma de Galicia, en la geografía y paisaje, inaccesible a las máquinas, de su espíritu.
Quien mejor conoce la Antela, el ingeniero y arqueólogo Conde Balvís, se despidió de sus cristales melancólicos, de su suelo dormido, hace poco tiempo. Y su hermoso estudio suena, sin quererlo su autor, a elegía y canto de adioses.
No intentaremos ni aun el esquema de los intentos y trabajos anteriores. Sólo apuntaremos algunas. La Galicia del XIX pensó en …

Os miliarios de Vilariño das Poldras (235-238 d.c.)

Imaxe
Miliarios de Vilariño das Poldras (Milla LXVII) dedicados ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
Século II D.C. - Descrición das vías romanas na Gallaecia polo Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás) como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas cidades máis activas e poboadas da Gallaecia.

Preto de 500 visitantes coñeceron a historia da lagoa de Antela no que vai de ano

Noutro orde de cousas apuntar que a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) leva desde principios de ano recibidos un total de preto 500 visitantes. A maioría dos mesmos foron escolas (CEIP de Hio (Cangas (Pontevedra), CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), ...), institutos (IES de Melide (A Coruña),IES de Cangas (Pontevedra), .... ) e alumnos da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) (Educación medio ambiental).

Sae o número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro

Atopámonos ante o cuarto número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número contamos cun artigo do escritor Vicente Risco publicado no desaparecido xornal La Zarpa en 1921 no que se nos describe un verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado da torre do Castro á Xunta de Galicia, recorremos a un pequeno artigo do historiador Xesús Taboada Chivite relacionado co castelo, que foi publicado en 1970 no xornal La Región. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man dalgunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido no concello de Sandiás da nosa colaboradora Carmen Cuquejo.

Dedicamos tamén un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Primeira Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar o 30 de maio de 2010. Rematamos este número cunha mostra de vellas fotografías que xa forman parte da galería…

1818 - Publicación do Libro Viage a Galicia onde se fai mención das iniciativas propostas para desaugala lagoa de Antela

1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos carreteras de Vicente Vázquez del Viso.
Faise mención das iniciativas propostas para ordenar o desaugadoiro da lagoa de Antela, e engade que sería digno do desvelo do goberno que se obrigue ó conde de Monterrei a executar a obra, ou que a realice o Estado expropiándolle os terreos ó conde polo moito que aforraría o Estado no fornecemento de cánabo para o departamento do Ferrol e outros peiraos de Galicia. Dos cultivos existentes na Limia, fai mención da grande colleita de grans e da grande cantidade de gando que se cría nos seus pastos e tamén que se cultivan considerables colleitas de liños e cánabo.

O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega sobrepasa as 5.000 imaxes

O grupo grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega conta xa con máis de 5.000 imaxes e máis de 550 usuarios que aportan as súas fotos . As fotografías achegadas polos 550 usuarios que xa se adheriron ó portal de internet fan un repaso ás nosas construcións máis tradicionais ( airas, alpendres, alvarizas, batáns, lavadoiros, muíños, cruceiros, etc.) ó tempo que ofrecen un amplo arquivo fotográfico con imaxes dos puntos máis dispersos da nosa xeografía.

A iniciativa está aberta á participación de todas as persoas que o desexen. Ademais do interese de poñer en valor o patrimonio tradicional do país, tamén denuncia o abandono e despoboamento do noso rural (mais tamén fai aportacións positivas como é difundir con bos exemplos do que deben de ser, por exemplo, as rehabilitacións de casas, hórreos, airas, etc.).

O ligazón é: http://www.flickr.com/groups/arquitecturatradicionalgalega/

1832: Comezan as obras do desaugamento da lagoa de Antela

O comisario de Cruzada e mecenas, D. Manuel Fernández Varela, contribuíu cos fondos necesarios para estas obras, que se comezaron en 1832. A Comisaría Xeral da Santa Cruzada era o posto eclesiástico de maior opulencia que existía na corte dos Austrias e Borbóns e por ende en toda España. Tamén fixeron donativos para o desaugadoiro o bispo de Ourense, Dámaso Iglesias Lago (1818-1840), e os concellos da Limia. En 1832 estaba á fronte da obras D. Xulián Toubes. Levouse a cabo a limpeza do antigo canle de fábrica romana dende a ponte da estrada Villascastín-Vigo a Ponte Liñares. Estas obras lograron notables progresos, inda que se viron interrompidas pola oposición dos pobos da lagoa de Antela que temían que se lle ocuparan os pastos.
“Chegaron a construirse 17.000 varas da nova canle, de 16 varas de ancho e comezaránse a dinamitar os penedos da canteira de Ponte Liñares, pola cal o río correu bastante, arrastrando areas que cegaron os pozos situados máis abaixo da ponte (construída en 1770…

Ultima acta relacionada co desaugamento da lagoa de Antela en 1766

Acta 51ª celebrada el día 21 de diciembre de 1766.

¨Se conferencio sobre del desagüe de la Limia, a cuyo efecto manifesto el Sr. Presidente un plano que ha hecho sacar de aquellos parajes por el Ingeniero D. Feliciano Míguez mui individual, y extensivo, con un tanto del coste que tendría, formar un canal que facilitara el desagüe de la Limia baja, y tratado con toda proligidad, se ha dejado para otra ocasión el tomar una resolución¨.

Acta 18ª da Academia de Agricultura do Reino de Galicia (Asunto: desaugamento da lagoa de Antela)

Acta 18ª celebrada el día 26 de mayo de 1765.

¨Tambien se leyo una carta de D. Antonio de Quintas natural de la feligresia de Sandianes en tierra de Limia dirigida al Sr. Presidente incluiendo un mapa de este pays, y proponiendo el modo de desaguarlo, y se acordó reservarla con los mas papeles que tratan este asunto¨.

Acta 14ª da Academia de Agricultura do Reino de Galicia con relación ó desaugamento da lagoa de Antela en 1765

Acta 14ª celebrada el día 28 de abril de 1765.

¨El Sr. D. Carlos Lemaur, e yo dimos quentas de las observaciones echas sobre la carta del Abad de Cobelas y mapa de la Limia, presentando el calculo de el canal que debe formarse para el desagüe de ese pays, y siendo de cuatro Leguas de largo, con siete Baras de ancho en su medio poporcional, y dos de profundidad ha resultado costará mas de medio millón de reales, en cuya consecuencia, y para proceder con mas acierto, se me encargo bolviese a escrivir al mismo Abad pidiendole una circunstanciada relación de las utilidades, que podran resultar al pays, ejecutado el desagüe; la cantidad de leguas quadras de tierra que quedaran desaguadas, la calidad de esta y otras noticias conducentes a este efecto¨.

Acta da Academia de Agricultura do 21 de abril de 1765 onde se trata o proxecto de Pedro González de Ulloa

Acta 13ª celebrada el día 21 de abril de 1765.

¨Se leyo una carta de D. Pedro González de Ulloa, Abad de la Feligresía de Cobelas en tierras de la Limia en que contestando a otra que de orden de la Academia escriví explica el facil modo de desagüar este Pays, y habiendo merecido particular consideración de todos los individuos se nos encargó al Sr. D. Carlos Lemaur, y a mi (Joseph Cornide), que con presencia de un mapa que acompaña y de otro que yo ofrecí de este pays nos informasemos de los medios que propone, y lo hiciesemos a la Academia en la primera sesión, de el resultado de nuestra conferencia¨.

Antioquia (Revista Nós, 1931)

¨Antioquia¨ (2)


Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquia) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos”.

“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana Revista Nós (xuño-setembro, 1931)

A lenda de Antioquia (El río Limia y sus contornos (1879))

¨Antioquia¨ (1)

“Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”.

El río Limia y sus contornos (1879)
Benito Fernández Alonso
Tradución do orixinal en castelán

Frei Xose Seguín, natural de Sandiás, misioneiro no Chile do século XVIII

1756 - Frei Xosé de Seguín, natural de Sandiás, comisario de Misións da Orde de San Francisco, é un dos fundadores do colexio de San Ildefonso de Chillán en Chile.
Frei Xosé Seguín - Frade franciscano natural de Sandiás (Ourense). Foi alumno e secretario do Colexio de Pasantes de Alba de Tormes (Salamanca) antes de incorporarse ó Colexio de Misioneiros de Herbón (A Coruña). Foi superior deste convento dende o 1749 ó 1752. No 1752 saiu de Cádiz con outros catro frades galegos con destino ás misións do Perú, territorio dos ¨indomitos e belicosos indios araucanos¨. En Ocopa (Perú) no 1754 foi nomeado Comisario Xeral de tódalas misións do Perú. En 1756 participou no Parlamento de Laja (tratados de convivencia entre os indíxenas e os españois, no de Laja, os indios Pehuenches solicitaron frades franciscanos). Nese mesmo ano participou conxuntamente con outros dous frades galegos (Fr. Alonso de la Iglesia e Fr. José Gondar) na fundación do Colexio de San Ildefonso de Chillán (Chile). No 1757…

Segunda viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de madrid a Galicia (1754)

Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia (1754).

Hoxe 31 de outubro de 1754. Saín de Ribeira a Lamas (Santa Maria). Río de Xinzo. Xinzo queda á dereita. Nace na serra do Larouco (cerca de Portugal, distante de Xinzo 3 ou 4 leguas). Ponte das Poldras. Río Limia. Á esquerda Telleiro e Santa María de Couso. A torre de Sandiás, e fregresía. A torre á dereita. Piñeira de Arcos, fregresía, dita Zadagós. Ermida de San Marcos. Dende este alto sobre a dita ermida vese casi toda A Limia. Costa de San Marcos moi longa e penosa que baixa a Allariz”.

O Catastro da Ensenada no concello de Sandiás (1752-1753)

1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada nas tres parroquias do actual concello de Sandiás.
-A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas.-Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana Marra, Agustina Delgado, María Carnero, Lucrecia Blanco, Josepha Ledo, Angela de Dios, Isabel Fernández, Hermenegilda Seguín, Juliana Manso, Estefanía Manso, María Ledo, Paula Feixoo, Theresa Otero e Juana Salgado).
- A fregresía de Santa María de Couso de Limia, xurisdicción de Sandiás, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 157 veciños e 130 casas incluídas 4 arruinadas.-Relación de…

Acta da Academia de Agricultura do Reino de Galicia do 10 de febreiro de 1765

Acto cuarto de la Academia de Agricultura del Reyno de Galicia que se celebro el día diez de febrero de 1765

¨Igualmente he leydo una memoria que por encargo de la Academia havia formado el Sr. D. Juan Luis Ximenez de Saboya relativa al desagüe de la Limia, y habiendose en vista de ello conferenciado largamente sobre este punto, hizo presente a la Academia el particular conocimiento, que de este pays tiene el erudito Abad de Cobelas, D. Pedro González de Ulloa, residente en él, y se me encargo le escriviese en nombre de la Academia para que la franquease quantas noticias, y observaciones contribuyesen a facilitar este importante proyecto, como igualmente los usos que podrian, con mayor, y mas prontas ventajas destinarse las tierras desecadas, y que de recibidas estas noticias y las que comunique el Ingeniero D. Feliciano Míguez se volvera a tratar este asunto¨.

Sandiás en 1849 (Diccionario Madoz)

A poboación do concello de Sandiás en 1849 segundo o Diccionario Madoz, era de 422 veciños, e 2.110 habitantes.

Produción: millo, trigo, centeo, patacas, liño e outras froitas.
Gando: críase gando vacún, cabalar, mular, lanar e porcino.
Industria agrícola: muíños fariñeiros e lenzos de liño.
Comercio: gando, lenzos e samesugas.

Poboación: 422 veciños – 2.110 almas
Parroquia de Sandiás: 156 casas. 456 veciños (750 almas).
Escola de letras frecuentada por 30 nenos.
Cartería.

Extracto da acta da reunión da Academia de Agricultura do Reino de Galicia do 3 de febreiro de 1765

Acto tercero de la Academia de Agricultura del Reyno de Galicia que se celebro el día tres de febrero de 1765

¨Ultimamente se trato el modo de desaguar la Limia, terreno de bastante extensión, situado entre la ciudad de Orense y Plaza de Monte Rey, que por no tener el declivio correspondiente las aguas, se inunda los inbiernos, de suerte que se llena de pantanos, y lagunas que impiden, que crezcan la mayor parte de sus frutos y que se aproveche el terreno con otros, que quitadas las aguas, según situación y hermosura del pays, seria de mucha utilidad. Trataronse varias medidas para conseguirlo, y para proceder con todo conocimiento acordó la Academia, que el Sr. D. Juan Luis Ximenez de Saboya, que tiene noticias particulares de este pays, hiziese unas apuntaciones, que sirvan de guia, assi para el conocimento de su situación, como para los medios de mexorarlo: y respecto, que deve pasar a ese pais D. Feliciano Míguez Theniente de Ingenieros, se le entregasen estas noticias por una dipu…

As lendas da lagoa de Antela

¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (1)

“E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.

Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon Xesús de Trandeiras”
Boletín de la comisión de monumentos de Orense XI (1936-1939)
Manuscrito orixinal do s. XVI. Transcrición de Antonio Cruceiro Freijomil
Traducción ó galego do orixinal por X.F.


¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (2)


“… e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube inmensa de zoadores cínifes que mortifican de día e de noite, e non cabe existan en ningunha parte tantos …

Preto de 200 atletas de tódalas idades participaron na Primeira Carreira Popular Torre do Castro

O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 1ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado domingo 30 de maio en Sandiás.

A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 73 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías. Nas mesmas participaron, 21 nenos/as na carreira escolar ( 2.000 m ), 33 rapaces/as na carreira de 350 m . , e un total de 116 persoas na carreira absoluta ( 7.900 m ).

O gañador da proba absoluta foi Rubén Diz (Xinzo - Ourense Atletismo) cun tempo de 0:28:38. Os 2º e o 3º clasificados foron Eloy Campos Dacosta (Ourense - At. Venturiña O Grove) e Jose Manuel Ramos (Ourense - ADAS PROINOR). O gañador, Rubén …

A 1ª Carreira Popular Torre do Castro (Domingo, 30 maio de 2010)

Imaxe
A ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e o CONCELLO DE SANDIÁS, organizan a I CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO, que terá lugar en Sandiás, o vindeiro 30 de maio de 2010.
Un percorrido sobre asfalto, que ten de todo, tramos chans, subidas e baixadas, durante 7.900 metros aproximadamente.
A saída será dende a Casa do Concello de Sandiás, seguido dun tramo polas rúas do pobo, pasando a carón da Casa de Lagoa, e a Igrexa. Saímos do pobo e diriximonos ata a Torre do Castro (Km 2), onde daremos volta en dirección a N525, (km 3,5) onde comezaremos a subida a San Bieito de Uceira (Km 6).

Unha vez arriba, tan so nos quedará baixar ata Sandiás, onde a meta estará situada ó lado do colexio público.


Recibiránse inscricións a partir do 15 de maio ata o 28 de maio ás 20:00 H.

Por e-mail:

limiactiva@gmail.com

- Na web: www.limiactiva.com
- Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás)
- Na Casa do Concello de Sandíás.
- Na tenda Intersport Bouso da Rúa Curros Enríquez Nº5, de Ourense.

As incricións para a CARREIRA ESCOL…

A torre do Castro ou a torre de Sandiás

Imaxe
A torre do Castro, construída no século XII, é un dos monumentos máis emblemáticos da Limia.
A torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a Revolta Irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes das vilas e aldeas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en irmandades leais ó rei comandadas por fidalgos (Diego de Lemos, Pedro de Osorio, etc..) , uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derrubar a maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e que obrigará a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira das fortalezas derrubadas vai ser o Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas do seu derrocamento o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou, venceu ós irmandiños, e fixolles reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos …

Os máis de 400 anos do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2010)

Imaxe
O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, é esta a data que podemos contemplar no alto do retablo e que apareceu durante as obras de restauración a que foi sometido hai uns poucos anos e nas que o retablo recuperou as súas antigas cores e as pinturas orixinais.

O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure*, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor.

Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os innovadores aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco.

Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese …

¨Antioquia¨

Imaxe
"No lugar que oxe ocupa a lagoa de Antela houbo, n-outros tempos unha cidade chamada Antioquia. Era a meirande que se conecia e a máis rica. Pro a súa riqueza e o seu grandor foron a sua perda. Trocouse soberbia. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén.
Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar ós xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquia na figura dun esmolante e tentou a caridade dos antioquiaus. Percorreu a cidade enteira da primeira á últema casa pedindo esmola, e non achóu a ninguén que xiquera lle dixese: ¨Deus te axude¨. Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado, entre unhos carballos viu unha casarella ca porta suchouza e unha velliña, mui velliña, agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba qu-aquecía. Xesús arrimouse e pregou:
-Unha esmola pol-o amor de Deus.
-Pase quen sexa, dixo a velliña.
E Xesús pasou. E a velliña sentouno ó lume, e muxiu unha cabra que tiña e déulle unha cunca de leite …

O primeiro intento de desecamento da lagoa de Antela pola Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765)

Para os ilustrados do século XVIII, a agricultura é o mais sólido fundamento do progreso económico e social, por iso unha das súas principais preocupacións vai ser a mellora da agricultura. Os ilustrados analizaran continuamente a situación da agricultura galega, sobre todo os atrancos para o desenvolvemento desta. Proba desde interese vai ser a creación, en 1765, da Academia de Agricultura de Galicia na Coruña. O seu principal obxectivo vai ser ¨investiga-las causas da decadencia da agricultura nas sete provincias do reino de Galicia¨. Unha das principais preocupacións da ilustración é a recuperación para o labradío das terras improdutivas, polo que non podían pasarlles desapercibidas as terras da Limia, asolagadas pola lagoa de Antela. Lamentablemente, nesta iniciativa e noutras, a nobreza, que era a que tiña o dominio das terras, non tiña ningún interese en realizar cambios nin modernización ningunha, polo que a Academia tivo unha escasa repercusión, desaparecendo no ano 1774. Par…

A necesidade da creación dun ¨Lobby¨da Galicia interior ou rural

Imaxe
A vila de Sandiás desde a pista das Pegas
A provincia de Ourense é sen dubida un caso moi representativo dos problemas que afronta a cohesión territorial en toda a Unión Europa. A cohesión territorial significa o desenvolvemento equilibrado para tódolos territorios, e o acceso xeneralizado a un mínimo nivel de servizos de interese xeral para tódolos cidadáns deses territorios. Para que exista cohesión territorial é necesario corrixir o desequilibrio territorial que afecta ás provincias da Galicia interior, principalmente Ourense. O emprego por parte da Unión Europea de indicadores a nivel rexional (NUTS II) non fai máis que maquillar unha dura realidade, que achanta o desequilibrio existente entre a Galicia costeira e a Galicia interior.


Índice de envellecemento[1]
Galicia (NUTS II): 136,7
Ourense (NUTS III): 209,8
Idade media[2]
Galicia: 44,6
Ourense: 48,3
% PIB Rexional[3]
Galicia: 100
Ourense: 12
Taxa bruta natalidade[4]
Galicia: 7,8
Ourense: 6,1
Dispersión demográfica[5]
(% poboación en municipi…

A importancia das redes

Imaxe
A torre do Castro

Dende a nosa asociación cultural somos conscientes de que existe unha clara demanda dos chamados bens sociais (medio ambiente, historia e cultura), e estes bens, na súa maioría son patrimonio do noso rural. Na posesión destes bens pode estar o futuro deste medio. Mais para que sexan útiles han de ser xestionados con criterios de sostibilidade, así como dotalos dunha visibilidade, cousa que non é doada para os pequenos concellos do interior da nosa terra.

Obviamente, tamén somos conscientes de que un concello do rural do interior de Galicia non pode promocionarse por si só, senón que ten que apoiarse nunha rede de concellos que busquen un mesmo fin, como por exemplo, unha rede de concellos que busquen promocionar e pór en valor unha parte do seu patrimonio histórico-artístico para poder con iso realizar accións de promoción conxuntas, e así relanzar as zonas rurais.

Hai que lembrar que estamos a falar dun mundo rural vivo, que neste intre mantén unha personalidade propia…

Alumnos da Universidade de Vigo coñecerán en Sandiás a historia da lagoa de Antela

Imaxe
Vista aérea da lagoa de Antela antes do seu desecamento

Autocolante da Casa da Lagoa de Antela co eslogan ¨Vennos descubrir¨

Un total de 150 alumnos do Campus de Ourense visitarán a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) e as areeiras recuperadas no concello de Sandiás.
Un primeiro grupo composto por 50 alumnos da Universidade de Vigo visitará as instalacións da Casa da Lagoa en Sandiás o vindeiro sábado 10 de abril, máis adiante o resto dos alumnos visitarana en maio, onde coñecerán de primeira man a historia do desecamento, o antes e o despois, dunha das lagoas máis grandes do sur de Europa.
A Casa da Lagoa de Antela, situada no centro da vila de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, é unha iniciativa do Concello de Sandiás posta en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamiza-los núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turístico”. Son cinco salas de exposición máis outras …

Os humidais en España

Imaxe
Areeira recuperada en Sandiás

En España no último medio século desapareceron máis do 50 % dos humidais que existían. A desecación dos terreos para cultivos agrícolas e a continua explotación foron algúns dos principais factores que causaron a degradación destes. Os humidais presentan condicións idóneas para que se asenten diferentes especies de animais, tanto vertebrados (anfibios,réptiles, peixes, mamíferos e, sobre todo, aves acuáticas), como invertebrados. De toda a fauna dos humidais son as aves as máis características. O 12 % das especies de aves mundialmente ameazadas dependen nalgunha fase da súa vida dos humidais e destas o 57 % habitan en lagos ou encoros, o 36 % en ríos e regatos e o resto en turbeiras, marismas e lagoas.
A Lagoa de Antela

Na comarca da Limia existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 km cadrados –como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica, to…

Visitas ás areeiras recuperadas (os humedais de Sandiás)

Imaxe
Desde o punto de vista medio ambiental a visita ó Centro queda incompleta sen visita-las Areeiras de Sandiás, que son areeiras abandonadas recuperadas ambientalmente para a flora e a fauna situadas a 5 Km da Casa da Lagoa. Nestes humedais podense observa-las aves a través de dous miradoiros de fauna instalados na zona.

É importante destacar que parte dos elementos do antigo ecosistema húmido manteñense na actualidade na mesma chaira que ocupou a lagoa de Antela, que constitúe unha área vital de invernada para moitas especies raras e ameazadas que atopan nas areeiras da Limia un lugar como refuxio, nidificación e alimento. Unha causa disto foi a explotación de áridos no concello de Sandiás que creou moitas pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación xurdiu por parte da antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, actualmente Consellería de Medio Ambiente, o establecemento dun proxecto de restauración para as graveiras abandonadas. O …

Actividades extraescolares na Casa da Lagoa de Antela

Imaxe
A Casa da Lagoa é un centro de interpretación que se abriu a mediados do ano 2008 nunha antiga casa labrega no centro da vila de Sandiás (A Limia - Ourense) coincidindo cos 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008).

Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación nos anos 60, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e do patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc. Por medio destes recursos os alumnos e visitantes poderán observar e coñecer a gran diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na nosa comarca, tentando con i…