A colleita etnógrafica de Urbano Santana (¨No fondo dos espellos¨. X.L. Méndez Ferrín)
O escritor X .L. Méndez Ferrín publicou o sabado na súa
sección "No fondo dos espellos" do suplemento "El Sábado"
de Faro de Vigo (23/08/2014) a súa opinión sobre o número 8 da revista cultural
e turística do Concello
de Sandiás , A Torre do Castro, no que aparece a colaboración
do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós de 1931 co seu
¨Resume xeral do folklore de Sandiás¨. Podede-la ver eiqui.
¨Moitas grazas polo envío da revista. Ela, na súa
totalidade, resulta sumamente interesante, tanto polos seus contidos, coma polo
que se chamaba ¨presentación¨ e agora ¨deseño¨. Ten razón o seu director,
Xavier Feixóo, en concederlle moita
importancia á recolleita etnográfica que fixera un mozo de Sandiás, e que foi
publicada na revista Nós de Ourense na súa
sección ¨Arquivo filolóxico e etnográfico da Galiza¨ en 1931. Pena que en cada
unha das freguesías de Galicia non houbese un Urbano Santana, mozo e
galeguista, que ordenase de recoller o corpus etnográfico, ou parte del, que
estaba vivo na cultura das persoas nos anos da República. A lectura desa
aportación etnográfica, feita agora n´A
Torre do Castro, fíxome pensar como sería a vida do seu autor, Urbano
Santana, que era mozo en 1931. Se cadra Xavier Feixóo queira satisfacer a nosa
curiosidade. Tamén as miñas felicitacións ao Concello de Sandiás
que propicia está excelente publicación¨.
X.L. Méndez Ferrín
¨No Fondo
dos Espellos¨
(Suplemento ¨El Sabado¨. Faro de Vigo, 23 de agosto de 2014.
Comentarios
Publicar un comentario