O home-lobo na Fontela
¨Hay poucos anos, no
1924, iban dous homes pol-a estrada de Castela car´a Xinzo, baixando pol-a
costa da Fontela, perto de Piñeira de Arcos, mismo entrando na Limia, e
saíulles un lobo ô camiño, eso qu´´ainda era día. En toda aquela terra e ainda
n´Ourense falouse moito d´aquelo, porque había tempo que non se lembraba
qu´´andiveran os lobos tan bastos pra baixaren â estrada, e mais tan pasaxeira
com´a aquela é. Un dos homes levaba unha carabina cargada e ô ver o lobo
quixolle disparar, mais o tiro non saleu. O feito interpretouse no senso de
qu´o lobo aquí era un que tiña a fada*…¨.
Vicente Risco
¨Un caso de
Lycantropía (O home-lobo)¨
Discurso lido o día 23
de febreiro do 1929 na súa recepción pública na Real Academia Galega.
*Unha fada é unha
maldición.
Comentarios
Publicar un comentario