A IGREXA DE SANTO ESTEVO DE SANDIÁS
Trátase dunha das máis fermosas do renacemento galego. Construída polo mestre de cantería, Bartolomé de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha.
O retablo maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado entre os anos 1603 e 1607 polo entallador Xóan Fernández O Mozo, un pintor de orixe portuguesa, e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século.Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas da parte baixa, destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.
Comentarios
Publicar un comentario