¨A LUMIEIRA DA ERMIDA DO SAN BIEITO DA UCEIRA¨
¨Na construción da ermida de San bieito da Uceira, en Sandiás, un home levaba no seu carro a lumieira da ermida. Como era nun monte e antigamente non había camiño principal, o home parou o carro e seguiu só para escoller o camiño máis cómodo para subir a lumieira. Cando volveu onde deixara co carro, este non estaba. Encontrouno despois xunto á ermida. A lumieira estaba xa colocada¨.
Anónimo. Publicado nalgunha revista escolar ou do instituto.
Comentarios
Publicar un comentario