#Memoriarural 1984: Centristas de Ourense determinan integrarse por unanimidade en Coalición Galega

#Memoriarural 1984: En marzo de 1984, o partido Centristas de Ourense determina integrarse por unanimidade en Coalición Galega. No congreso extraordinario de Centristas de Ourense en marzo dese ano, acordouse por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega. Na mesa deste congreso, ademais do presidente, Manuel Ubaldo Atanes Romero,  o secretario xeral, Santos Oujo Bello, aparecían: Victorino Nuñez Rodríguez, presidente da Deputación de Ourense, Senén Bernárdez Álvarez, senador e deputado da Cámara galega, Aurelio Miras Portugal , deputado provincial, e Manuel Vázquez Outeiriño (alcalde da Merca) en representación dos alcaldes da provincia (La Región, 11 de marzo de 1984).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

#Memoriarural Ano 1945: Posta en marcha da fábrica de gasosas Berardo Méndez (Sandiás, Ourense)

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"