Máis de 200 atletas de tódalas idades participaron na Segunda Carreira Popular Torre do Castro




O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado martes 17 de maio de 2011 en Sandiás, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías: a carreira escolar dos rapaces/as (2.000 m ), a carreira dos ¨Pitufos¨ de 350 m , e a carreira absoluta (7.900 m) que contou cun total de 106 participantes.

O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de 0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez (Ourense Atletismo Academia Postal). Na categoría feminina a gañadora foi Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo Academia Postal) , e as 2ª e 3ª clasificadas foron Filomena Cid (Ourense Atletismo Academia Postal) e Rocio Cid (Burgas Atletismo Ourense). Os gañadores, ademais do trofeo, levaron o seu peso en patacas da Limia. No relativo ós atletas locais, o gañador foi Ignacio Feijoo (Sandiás -Independente), e os 2º e 3º clasificados foron Pablo Feijoo (Sandiás -Limiactiva) e Francisco Dalama (Sandiás - Limiactiva).

Os comentarios máis repetidos polos atletas da proba absoluta, como xa é habitual, foron as enormes e pinas subidas ata á capela do san Bieito da Uceira, ¨os muros¨ da Uceira fixeron sufrir á maioría dos atletas, tal como contan eles mesmos nos foros de ¨Correr e Galicia¨ e nos blogs dos participantes.

O éxito de afluencia, aínda máis xente que a edición anterior, así como a satisfacción dos atletas pola carreira fai pensar nunha terceira edición desta no vindeiro ano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)