#Memoriarural 2006: Veciños de Sandiás na homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006). Descubrimento da Placa na Praza co seu nome como homenaxe a unha vida dedicada á educación.
#Memoriarural 2006: Veciños de Sandiás na homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006). Descubrimento da Placa na Praza co seu nome como homenaxe a unha vida dedicada á educación.
Naceu en Couso de Limia (Sandiás - Ourense) en 1906, falecendo en Gondulfes (Castrelo do Val) logo de cumprir os 106 anos.
Cursou estudios no Instituto de Ourense, despois da convalidación na Normal accedeu ó Maxisterio en 1926 (ou 1928), sendo unha das poucas mulleres que naqueles anos estudaban unha carreira.
Exerceu un ano de practicas en Sanguiñedo (Baños de Molgas- Ourense), sendo o seu primeiro destino Vilariño de Conso (Ourense). Logrou por oposición a praza de mestra en Gondulfes (Castrelo do Val - Ourense), despois acadaría a definitiva en Sandiás por permuta ca súa nai, mestra de Couso e Sandiás. Sendo alí onde foi mestra durante moitos anos, ata a concentración escolar en Xinzo de Limia, onde se xubilou.
A maioría dos veciños/as (sobre todo veciñas) da parroquia de Sandiás tiveron de mestra a Dª Irene. O 27 de agosto de 2006 tivo lugar en Sandiás unha homenaxe de tódolos seus veciños con ocasión de cumprilos 100 anos. A homenaxe á ex-mestra incluiu o descubrimento dunha praca na praza onde se atopa a casa na que residiu todos estes anos.
Comentarios
Publicar un comentario