PRESENTACIÓN DA VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DA TORRE DO CASTRO DE SANDIÁS
PRESENTACIÓN DA VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DA TORRE DO CASTRO DE SANDIÁS
Por sexto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a Asociación Deportiva Limiactiva apostan por promover a práctica deportiva coa celebración, o vindeiro domingo 31 de maio de 2015, dunha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro.
Como xa é tradicional nesta proba, celebraranse 5 carreiras por categorías. Destacando a novidade introducida o ano pasado, a obriga de que na composición dos equipos de 4 atletas conten con alomenos unha muller entre os seus compoñentes.
A torre do Castro e o San Bieito da Uceira voltaran ser testemuñas do estado de forma dos intrépidos atletas que se atrevan a desafiar as duras rampas, os xa famosos dous quilometros da dura subida, que levan ata a capela do santo.
Tanto o Concello de Sandiás, como a Asociación Deportiva Limiactiva, agradecen a importante colaboración da Deputación de Ourense, así como de todas as empresas e veciños voluntarios, que fan posible que esta carreira siga sumando ano tras ano novas edicións.
Para inscribirse on-line na seguinte web:
http://www.carreirasgalegas.com/carreira/vi-carreira-popular-torre-do-castro/7fc1b3da-53d7-3a2b-b26c-39cffd64791b
Comentarios
Publicar un comentario