¨ANTIOQUIA¨
“No lugar que oxe ocupa a lagoa de Antela houbo, n-outros tempos unha cidade chamada Antioquía. Era a meirande que se conecia e a mais rica. Pro a sua riqueza e o seu grandor foron a sua perda. Trocouse soberbia. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén. Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar ós xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquía na figura dun esmolante e tentou a caridade dos antioquiaus. Percorreu a cidade enteira da primeira á últema casa pedindo esmola, e non achóu a ninguén que xiquera lle dixese: ¨Deus te axude¨. Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado, entre uns carballos viu unha casarella ca porta suchouza e unha velliña, mui velliña, agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba qu-aquecía. Xesús arrimouse e pregou: -Unha esmola pol-o amor de Deus. -Pase quen sexa, dixo a velliña. E Xesús pasou. E a velliña sentouno ó lume, e muxiu unha cabra que tiña e déulle unha ...