Como tódolos meses de setembro nos últimos sete anos, saiu un novo número, o 7, da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , que leva por titulo A Torre do Castro, símbolo por excelencia do noso concello e un dos monumentos máis emblemáticos da Limia. Con esta publicación tentamos acercar ós visitantes e veciños á nosa historia e o noso patrimonio cultural, dándoo a coñecer primeiro entre nós mesmos e logo a todos aqueles que nos visiten. Esperamos e desexamos que coa publicación deste novo número se contribúa a potenciar e valorizar o patrimonio cultural e natural dun pequeno concello da Galicia interior. Neste novo número, contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista Vida Gallega . No primeiro deles, Jaime Solá, o fundador da revista, fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático p...