#Memoriarural: Traxectoria política de María Concepción Méndez (Alcaldesa de Sandiás desde 1979 ata 2015)
Traxectoria de María Concepción Méndez Gándara (Alcaldesa de Sandiás desde 1979 ata 2015) que subín como artigo da Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Concepci%C3%B3n_M%C3%A9ndez_G%C3%A1ndara María Concepción Méndez Gándara é unha mestra e política galega do PPdeG . Traxectoria Mestra de profesión, foi alcaldesa do concello de Sandiás durante 36 anos, dende as primeiras eleccións democráticas ata o ano 2015. Sendo unha das pioneiras en Galicia, no que ó servizo público se refire, xa que foi unha das 104 alcaldesas de España elixidas o 3 abril de 1979. Delas soamente 7 en Galicia, 6 na provincia de Ourense. Entrou en política no ano 1979 da man de Euloxio Gómez Franqueira e Pío Cabanillas Gallas , presentándose pola UCD de Sandiás nas eleccións de abril de 1979, resultando elixida por maioría absoluta. Delegada na III Asamblea provincial da UCD (1980) e compromisaria nas diferentes asembleas provinciais...