Historia de Sandiás (Do século X ó ano 1480)
• S. X – Os condes da Limia son personaxes de importancia na Corte dos reis pola significación militar e política do territorio. • S. XII – Loitas pola posesión do condado da Limia entre Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. Posible construcción do castelo de Sandiás sobre o antigo castro nunha situación estratéxica que permite un control total do territorio. • S. XII-XIII – Apoxeo das peregrinacións a Santiago, Sandiás é atravesada pola Vía da Prata, paso obrigado dos peregrinos do norte de Portugal e do sur de España. • S. XII-XIII – Construcción da igrexa de Santa María de Couso de Limia de estilo románico con posteriores reformas (s. XVII). • 1348 – O castelo de Sandiás é propiedade do maior Fernández de Biedma. • 1386 – Acometida do duque de Lancaster, pretendente á Coroa de Castela. O castelo de Sandiás é tomado e arrasado. • 1441 – O castelo de Sandiás é posesión de Francisco Álvarez, provisor do bispo de Ourense. • 1446 – O conde de Benavente, D. Alonso P...