Máis de 200 atletas de tódalas idades participaron na Segunda Carreira Popular Torre do Castro
O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado martes 17 de maio de 2011 en Sandiás, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño. Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías: a carreira escolar dos rapaces/as (2.000 m ), a carreira dos ¨Pitufos¨ de 350 m , e a carreira absoluta (7.900 m) que contou cun total de 106 participantes. O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de 0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez ...