Sae o número 6 d´A Torre do Castro, a revista cultura e turística do Concello de Sandiás
Nesta ocasión sobrepasamos a barreira dos cinco números editados, chegando neste ano ó sexto numero desta revista, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste novo número, como xa é habitual, botamos man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela de xornalistas dos anos 20 como o vigués Jaime Solá, fundador da revista Vida Gallega, e de grandes persoeiros, como é o caso de Álvaro Cunqueiro, que nos fala nun artigo, moi poético, dunha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continuamos coa segunda parte do artigo de Domingo Fontán de 1858, extraído do xornal compostelán ¨La Exposición Compostelana¨, no que se nos trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda (A Coruña), no que se lles mostrou o comple...