Os Exemplos á Virxe na parroquia de Santo Estevo de Sandiás
Os Exemplos na honra da Virxe María era unha tradición na parroquia de Sandiás que se realizaba no último domingo do mes de maio, coincidindo coa celebración da festa das Fillas de María. Nese día, un grupo de cinco ou seis nenas de curta idade recitábanlle uns versos á virxe diante do cruceiro da igrexa. A principal animadora desta celebración era dona Irene Rodríguez Durán, mestra de Sandiás durante moitos anos. Ela era a que facía os versos e preparaba as nenas, como foi o caso de Modesta Blanco, veciña de Sandiás, para que o aprenderan de memoria. Moitos anos despois aínda se lembra da letra dos Exemplos do ano 1946, tal e como se demostra nos versos que aparecen na parte dabaixo. Miña naiciña, esta noite que pasou se viras o que soñei! que no ceo me atopaba sen saber como cheguei E si viras que alegría o meu corazón me daba ver como os ánxeles todos cousiñas me regalaban, muñequitas que falaban do gusto máis exquisito. E todo o que alí había estab...