Foto da tarxeta de compromisario de María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás) do congreso extraordinario de Centristas de Ourense, celebrado en marzo de 1984, onde se acordou por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega. Nesta ocasión, realicei un breve artigo do partido ó que pertenceu á alcadesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, logo da devacle da UCD nas eleccións xerais de 1982. Este artigo acabo de subilo á Galipedia, onde se pode ver: https://gl.wikipedia.org/wiki/Centristas_de_Ourense Centristas de Ourense foi un partido activo na provincia de Ourense, xurdido da desintegración da UCD , despois da desfeita das eleccións xerais de 1982 . Nacido e formado a primeiros de 1983 por antigos membros ourensáns de UCD, é dicir, alcaldes e concelleiros desta provincia. Na súa asemblea constituinte en marzo de 1983 foi elixido como presidente, Manuel Ubaldo Atanes Romero, e como secretario xeral, José Lage Lage , figurando c...