#Memoriarural 1992: O presidente de Caixa Ourense, David Ferrer Garrido, entregaba o 19 de xuño de 1992, unha nova ambulancia con destino ó posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás. A chave da unidade móbil foi recibida por Mª Concepción Méndez, delegada da Cruz Vermella desta localidade. Ó acto asistiron por parte da Cruz Vermella Española, Carlos Bragado, presidente da Cruz Vermella, o director de recursos humanos, Reinaldo Sarria, e a secretaria xeral, Sofía García-Iturri; por Caixa Ourense, estiveron o seu vicepresidente, Manuel Bermúdez, o presidente da Comisión de Control, Augusto Mosquera e o seu director xeral, Luis Carrera.