#Memoriarural 1992: Caixa Ourense entrega unha ambulancia para a Cruz Vermella de Sandiás
#Memoriarural 1992: O presidente de Caixa
Ourense, David Ferrer Garrido, entregaba o 19 de xuño de 1992, unha nova
ambulancia con destino ó posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás. A chave
da unidade móbil foi recibida por Mª Concepción Méndez, delegada da Cruz
Vermella desta localidade. Ó acto asistiron por parte da Cruz Vermella Española,
Carlos Bragado, presidente da Cruz Vermella, o director de recursos humanos,
Reinaldo Sarria, e a secretaria xeral, Sofía García-Iturri; por Caixa Ourense,
estiveron o seu vicepresidente, Manuel Bermúdez, o presidente da Comisión de
Control, Augusto Mosquera e o seu director xeral, Luis Carrera.
Comentarios
Publicar un comentario