#Memoriarural 1981 : Balbordo e esperanza na Limia polo descubrimento do xacemento de Lignito. O lignito da Limia é o mellor de Galicia ( La Región , 12 de novembro de 1981).
#Memoriarural 1980: Os alcaldes da Limia queren 120 millóns de pesetas para poder reparar as pistas, camiños e canles da zona da Lagoa de Antela ( La Región, Agosto 1980).
#Memoriarural 1997: Na pista de xeo do Barcelona F.C. Excursión do Concello de Sandiás á Barcelona para os rapaces da Rondalla do Concello (12 Setembro 1997).
#Memoriarural 1990: Inauguración, coa actuación do Grupo de Danza e Gaitas do Concello de Sandiás da remodelación e reconstrución da Casa do Concello de Sandiás (rematado no 1987) e do Centro de Saúde (rematado en xuño de 1990), contando coa presenza do Presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar e do Presidente do Parlamento de Galicia, Victorino Núñez.(Sandiás, 28 de setembro de 1990).
#Memoriarural 1984: Os técnicos do IRYDA reunianse cos veciños de Sandiás e Piñeira para a realización da concentración parcelaria ( La Región , 11 de maio de 1984).
#Memoriarural 1987: A primeira dotación de avións contraincendios da Limia despregabase na súa base no concello de Sandiás ( La Región , 14 de agosto de 1987).
#Memoriarural 1987: Foto aérea de Sandiás dunha postal electoral das eleccións municipais de 1987 (AP e Centristas de Galicia). Nela vese á esquerda, a pista polideportiva do colexio de Sandiás (rematado en maio de 1986), así como a Casa do Concello de Sandiás en obras (a remodelación e reconstrución da Casa do Concelllo realizouse no ano 1987). Á dereita da Casa do Concello aínda atopamos a escola unitaria de Sandiás. No seu solar construiríase o actual Centro de Saúde do concello, rematado en xuño de 1990.
# Memoriarural 1981: Adhesivo con guerreiro celta ou galaico (estilo claramente Ibañez!) das primeiras eleccións ó Parlamento Galego (20 de outubro de 1981) # guerreirogalaico
# Memoriarural 1979: Os concelleiros de Sandiás renunciaban as súas retribucións ata que as arcas estiveran abastecidas ( La Región , 2 de decembro de 1979)
# Memoriarural 1998: Finalizaba a mellora dos accesos á ermida do san Bieito da Uceira co asfaltado da pista ( La Voz de Galicia , 25 de marzo de 1998).
# Memoriarural 2006: Veciños de Sandiás na homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006). Descubrimento da Placa na Praza co seu nome como homenaxe a unha vida dedicada á educación. Naceu en Couso de Limia (Sandiás - Ourense) en 1906, falecendo en Gondulfes (Castrelo do Val) logo de cumprir os 106 anos. Cursou estudios no Instituto de Ourense, despois da convalidación na Normal accedeu ó Maxisterio en 1926 (ou 1928), sendo unha das poucas mullere s que naqueles anos estudaban unha carreira. Exerceu un ano de practicas en Sanguiñedo (Baños de Molgas- Ourense), sendo o seu primeiro destino Vilariño de Conso (Ourense). Logrou por oposición a praza de mestra en Gondulfes (Castrelo do Val - Ourense), despois acadaría a definitiva en Sandiás por permuta ca súa...
#Memoriarural 2005: Visita ás obras realizadas polo Obradoiro de Emprego ¨Camiño de Santiago¨ da Conselleira de Asuntos Sociais, Belen Prado, e o Presidente da Deputación de Ourense, X.L. Baltar, acompañados pola alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez (Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, 13 de xaneiro de 2005).
#Memoriarural 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo de #Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego do Concello de Sandiás (Maio 2004). Outra das fotos entregadas para a exposición dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
# Memoriarural 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo de # Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego do Concello de Sandiás (Maio 2004). Outra das fotos entregadas para a exposición dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
# Memoriarural 2000: A contorna da igrexa e a reitoral de santo Estevo de Sandiás antes das obras de rehabilitación realizadas polo Obradoiro de Emprego do ano 2004.Outra das fotos entregadas para a exposición dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas), baixo o slogan ¨Artellar Galicia¨. Na foto da primeira páxina, podemos observar na mesa constituinte, á alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez, na parte da esquerda da foto, e a alcaldesa de Cualedro, Marina Cuquejo, na parte dereita da foto.