Visitas ás areeiras recuperadas (os humedais de Sandiás)
Desde o punto de vista medio ambiental a visita ó Centro queda incompleta sen visita-las Areeiras de Sandiás, que son areeiras abandonadas recuperadas ambientalmente para a flora e a fauna situadas a 5 Km da Casa da Lagoa. Nestes humedais podense observa-las aves a través de dous miradoiros de fauna instalados na zona. É importante destacar que parte dos elementos do antigo ecosistema húmido manteñense na actualidade na mesma chaira que ocupou a lagoa de Antela, que constitúe unha área vital de invernada para moitas especies raras e ameazadas que atopan nas areeiras da Limia un lugar como refuxio, nidificación e alimento. Unha causa disto foi a explotación de áridos no concello de Sandiás que creou moitas pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación xurdiu por parte da antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, actualmente Consellería de Medio Ambiente, o establecemento dun proxecto de restauración para as graveiras abandonadas. O ...