Sandiás. No corazón da Antela

Situación
O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de Ourense e forma parte da comarca natural da Limia. Ten unha superficie de 53 Km e ocupa, en gran parte, as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con Vilar de Santos. O concello está constituído por unha zona montañosa, con altitudes que oscilan entre os 700 e os 900 metros nos montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os montes–illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta localízanse a maior parte das vilas e das explotacións agrícolas máis rendibles e produtivas. O concello atópase ben comunicado, as súas principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52, que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste. A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6 Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de Allariz.  
 
 
Breve análise socioeconómico Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.498 habitantes (IGE, Padrón de habitantes ano 2008) distribuída en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Couso de Limia. É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, os seus principais cultivos son a pataca e os cereais. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes, chás, dedicadas a cultivos agrícolas Proba da súa orientación cara á cultivos agrícolas é o aproveitamento do 50% das terras labradas. O concello de Sandiás xunto co de Xinzo de Limia, abranguen o 88% do total da superficie comarcal dedicada ó cultivo da pataca por agricultores a título principal. As súas explotacións teñen maior tamaño cás que son habituais en Galicia debido ás grandes parcelas produto do desecamento da lagoa de Antela e á concentración parcelaria posterior. O nivel de mecanización é un dos máis altos de Galicia Nos derradeiros anos destaca a súa orientación cara á gandería intensiva coa construcción de numerosas granxas pertencentes ó grupo empresarial COREN. É tamén coñecido pola industria extractiva de áridos, xa que a práctica totalidade das areeiras da Limia se sitúan neste concello. Esta area é moi apreciada para a construcción e fornecen toda Galicia e o norte de Portugal.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)