A colleita etnógrafica de Urbano Santana (¨No fondo dos espellos¨. X.L. Méndez Ferrín)
O escritor X .L. Méndez Ferrín publicou o sabado na súa sección "No fondo dos espellos" do suplemento "El Sábado" de Faro de Vigo (23/08/2014) a súa opinión sobre o número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro, no que aparece a colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós de 1931 co seu ¨Resume xeral do folklore de Sandiás¨. Podede-la ver eiqui. ¨Moitas grazas polo envío da revista. Ela, na súa totalidade, resulta sumamente interesante, tanto polos seus contidos, coma polo que se chamaba ¨presentación¨ e agora ¨deseño¨. Ten razón o seu director, Xavier Feixóo, en concederlle moita importancia á recolleita etnográfica que fixera un mozo de Sandiás, e que foi publicada na revista Nós de Ourense na súa sección ¨Arquivo filolóxico e etnográfico da Galiza¨ en 1931. Pena que en cada unha das freguesías de Galicia non houbese un Urbano Santana, mozo e galeguista, que ordenase de recoller o corpus...